A anotación 502 vai para o 200 do barrio La Villa (un mundo en sí mesmo, agora mesmo indescriptible) en Mieres, lugar onde toda a miña familia materna viviu desde comezos de século XX e que agora xa non existe. A casa da avoa Teresa, da tía Matilde, de tía Nori, Lena, Chita, de Chevis e de Julio que por veces viña por alí, dos miles de primos que se acercaban porque sabían que viñamos, dos aninovos, dos meses de verán (con repouso por operacións de anxinas incluidos), dos días fermosos da infancia con cheiro a churros e a carbón das chimeneas e das noites de san Xoan cantando e bailando a Danza Prima.
Hoxe acaba de enviarme o meu irmán unha foto daquel inesquecible lugar. Non podo non incluila porque representa, aínda hoxe na memoria, unha parte fundamental da miña/nosa vida.
Nessun commento:
Posta un commento