Caxigalines nella Reguera'l Campizu

8 settembre 2008

VIGO: O MESMO FÉNIX DE TODOS OS ANOS


A nostalxia non impide pararse no día a día da cidade onde vivo. Despois de pasar hoxe a mañán polo lugar do incendio do sábado, leo nos xornais que só unha das once empresas alí radicadas (nunha especie de polinave) tiña licencia. Non sei se a porcentaxe de ilegalidades pode aplicarse a outros destes marabillosos complexos industriais (Gandariñas, Gandarón Fragosiño, o anárquico Puxeiros) que nacen dun día para outro en sitios inverosímiles, pero, de ser certa a noticia, algún responsable do concello ou das consellerías correspondientes (se cadra Sanidade ou Industria) tería que dar a cara. A Federación de Veciños (que xa sabemos non se leva moi ben co alcalde) proclama a nula resposta do concello ás súas denuncias previas, pero moito me temo que coma estes casos hai moitos outros espallados polo rural vigués salpicado de illas industriais sen concerto nen control. Agora aparecen as ilegalidades: que se fixo ata o de agora? Cal é a seguridade que podemos ter os habitantes dunha cidade sobre o control das augas, dos verquidos ou simplemente sobre o nivel de protección e de riscos laborais que teñen as empresas aquí e en tantos outros sitios.  
Menos mal que non houbo mortos, pero as persoas que vivían ao lado, de rentas moi modestas ademáis, sufriron e sufren as consecuencias. Así tamén se fai cidade; co escrupuloso exame das actividades nocivas para a saúde dos seus habitantes, non só con palabras solemnes sobre o rápido que vai chegar o chimpín á maxestuosa esplanada do auditorio para comezar a obra. 

2 commenti:

Marcos Valcárcel López ha detto...

vai de incendios de empresas
en OUrense queimouse en agosto todo o edificio de BAZAR MOBLE na saída a VIgo, unha das empresas potentes do sector... por se non chegase a crise...
e da seguridade, tes toda a razón... que Deus nos colla confesados...

bouzafria ha detto...

Rápido rápido non é que vaia o chimpín, que levan agardando por el un par de lustros, ou máis. (Lembro a foto de Príncipe e máis Cuiña no tellado de Casa Mar asinando os documentos)