O libro de Marcello é unha ledicia. Traigo outro párrafo, ilustrativo da gracia do Mastorna:
"O Latin Lover"! Unha cousa de tolos, de estúpidos. E que me toca as narices. Eu digo: "Vístes as miñas películas?" Despois de La dolce vita, para non repetir (porque os distribuidores e productores querían me volver a ver coa americana cos botóns de ouro) fixen unha película donde facía o impotente: Il bell'Antonio. E pouco despois, Divorzio all'italiana: un laído cornudo. Fixen tamén de home preñado; fixen de homosexual en Una giornata particolare. Fixen de desesperados onde o sexo non aparecía por ningures. Mesmo nas películas de Fellini, as fantasías eróticas son as dun adolescente, case dun neno. Non hai nada que facer, nada de nada. Teño agora setenta e dous anos e aínda seguen a escribir "O Latin Lover". Pero que son? Un fenómeno de barraca de feira?
Ou estoutro:
"Mirade, estamos navegando polo río Douro. E ista é a desembocadura, estamos chegando ao Oceano Atlántico! Diante da inmensidade deste océano, case case veñen ganas de facer reflexións que pretenden ser profundas. Eu creo na natureza, nos amores, nos afectos, nas amizades; neste paisaxe marabilloso; no meu traballo, nos meus compañeiros. A me piace la gente. Io amo la vita; e se cadra por esto son reamado pola vida. De todas formas, considérome un home afortunado, cos altos e baixos que temos todos, mais afortunado.
Nota: deixo algunhas palabras en italiano porque parece que así escoito a súa voz, cos seus ollos pequenos, de vitalidade infinita.
Nessun commento:
Posta un commento