Este domingo tocou Museu do Mar, para min un dos máis fermosos edificios de Vigo e un dos máis senlleiros da arquitectura galega dos últimos, digamos, vinte anos. Fomos porque abriron de novo cun acuario no edificio que precede ao faro oxidado que serve de referencia. Esa era a nosa intención, pero aproveitamos para ver que tal era a exposición permanente e para ver a provisional, Onde o mundo se chama Terranova. Esta última, brevísima, está ben, sen máis, aínda que o relato que dá cohesión a todo resulta moi entretido.
A permanente, sobre a relación entre Galicia e o mar, ocupa o espazo máis amplo e máis aberto, dividido en dous andares: o de arriba cunha mostra cronolóxica da evolución da pesca, sobre todo, en Galicia, con algúns documentos interesantes e algúns obxectos tamén ilustrativos. Pero pareceume que os paneis, as explicacións, os estantes (demasiado grandilocuentes, coa clásica concesión ao deseño impactante pouco funcional) en moitos casos anulan o efecto pedagóxico do museu. E a estructura do mesmo tampouco non favorece en nada o que debería ser unha visita útil. Eu creo que a belleza da nave, a súa proxección cara a fóra, desde onde o mar está chamando por ser visto, impediu aos organizadores da exposición acadar unha disposición máis idónea. A parte de abaixo, cun suposto efecto suxerente no espectador, carece de interese, a xulgarmos pola celeridade con que é recorrida polos poucos visitantes da mostra. O máis divertido e atractivo atópase no modesto acuario que ofrece a vista das principais especies da ría, robalizas, fanecas, raias ou centolos. Paga a pena dar unha volta demorada á piscina e entreterse coa ollada posta nas carreiras de xardas ou rodaballos. A visita conclúe coa indispensable visita ao faro desde onde se pode ver o brillo inconfundible de miles de berlingos dispostos en Bouzas para a exportación e o paso das embarcacións tradicionais, coma unha dorna de vela latina na proa e un por se acaso na popa.
Cando abriron por primeira vez o museu, quedei impresionado pola fasquía de toda aquela obra mestra. Aquela exposición, provisional, pareceume moito mellor ca esta, que desaproveita o entorno. Non sei outros días, pero hoxe o panorama de visitantes era desolador. Recomendo, non obstantes as eivas, doadamente subsanables, a súa visita (gratuita!) encarecidamente. Non vaia ser que o pechen para sempre.
Cando remato este post, leo que Samil ten a bandeira bermella porque o verquido ao Lagares, causado, ao parecer, polo incendio de onte, chegou á praia.
3 commenti:
Pois vai ser que non, amigo Arume, xa foron moitos os intentos de ver estoutro non museo, outra peza máis da tolemia polo cultural que lles deu hai xa un tempo aos sempre desprezables xestores do orzamento público nesta cidade. Faltan contidos e sobran contedores, inauguracións, directores de pacotilla, un creo que era un sicólogo ¿ou era un sicomoro? ao que había que "colocar" a presa...en fin, eu quedo desta vez só teño pendiente unha foto dende a cancela para fotografar un precioso azulexo e marcho correndo cara Bouzas tomar unhas tapiñas. E por min dinamiten esta mole porque non creo que a reconvirtan nun xeriátrico que era o que deberían. E o verbum...mellor calar.
Eu quixen ser o máis obxectivo posible, pero comparto con vostede, amiga Ana, o meu desánimo diante do que vin. Hai, creo eu, infinitas formas de darlle valor a ese marabilloso edificio. Ver aquelas raparigas que atenden o museo, con facianas de tedio insoportable, dá boa mostra do escasísimo éxito do Museu. Ao mellor polo curso hai máis visitas, pero vexo que fóra diso non hai moita vida.
Coincido con ambos en que todavía le falta contenido al museo, me temo que es demasiado reciente. Especialmente la zona inferior está, creo yo, muy mal enfocada, aunque tiene algunos "experimentos"/muestras que creo pueden ser muy interesantes para las visitas de alumnos.
Cuando fuimos nosotros con los críos, por cierto, tuvimos mucha suerte porque las chicas que atienden el museo se detuvieron con nosotros a explicarnos algunas zonas de modo muy amable. El único pero, que no pasa de anécdota, es que habiendo tan poca gente, 5 minutos antes de la hora de cierre el guardia jurado ya nos estaba echando con unos modales,.... bueno sin ningunos modales.
En cualquier caso también habría que ver con qué financiación cuenta el museo para dotarlo de contenido, porque es muy habitual que los políticos se dispongan rápidamente a cortar cintas que tras la inauguración pasan a ser casi lo único expuesto.
Personalmente creo que en la zona superior deberían de tener cabida más recreaciones de embarcaciones propias de nuestra región frente a otras que nada tienen que ver ni con lo expuesto ni con la zona.
Un saludo y enhorabuena por tu blog
Posta un commento