Caxigalines nella Reguera'l Campizu

1 dicembre 2008

COCIDO MARAGATO XUNTO AO MAR


O domingo foi caseiro, coa correspondiente dose de saída inevitable. E a excursión foi á casa familiar de Prada a Tope onde tiveron a moi ben darnos un cocido á maragata memorable. Como somos de pouco xantar pedimos unha ración para dúas persoas (as fillas optaron por unha empanada de batallón e uns ovos fritidos con patacas e chourizo de Molinaseca). Alí apareceron de entrantes unhas pequenas a modo de croquetas con tomate, despois un prato cumprido de galiña, costela, chourizo, orella, touciño con e sen freba, xarrete, e un outro de garbanzos (pequeniños e riquísimos), patacas e repolo. E para rematarmos unha sopa de órdago en ola de barro antiga. A miña filla aínda lle deu ao arroz con leite, pero nós nos inclinamos polo café espresso que agora mesmo bordan. 
Un dez sen paliativos. 

6 commenti:

Anonimo ha detto...

Arume, caro amigo, excelencia, benefactor da eternidade, ximnasta do síndrome bi-polar, viril, por fin, e repeinado cabaleiro da Nada:
Como é que non avisou Vde.??
E esas veleidades independentistas??
A miña santa esposa e un servidor a tomar pequeno almorzo na churrería Lolita, de pé, na Alameda de Ourense, e Vde. perpretando tan taimado plan...
E aínda se atreve a contalo!
Un grande abrazo para Vde., de todo o modo; cumprimente a súa señora da miña parte... Que cruz leva a coitada!

bouzafria ha detto...

Gorentoso menú, pero, Sr. Arume, canto costaron as ambrosías? Porque tal enchenta non será barata. E aos pais de familia numerosa as cuestións económicas son o criterio principal.

E parabéns pola crónica ourensá.

Anonimo ha detto...

Amigo Medela: estabamos de escudeiros de don Bieito Iglesias polas rúas de Ourense ata atoparmos quen o levara ata Coles. Non puidemos quedar e ben que o sentín, pero da do Olás de Vilariño hase falar saecula saeculorum.
Amigo Bouzafría: coa botella de viño uns 60 euros. Non lle sei dicir se é moito ou pouco, pero resulta difícil melloralo. E iso que a min o cocido non é do que máis estimo. Pero como este leva moitos garbanzos e moito chourizo, ademáis de Molinaseca, pois resulta dos mellores.

Trebi ha detto...

Como comen....vostedes, cando chegen a miña idade...farán como mín: Ese día o levantarme unha " sopiña".
Así e todo non esqueza a Comida pendente en Baiona.
Saudos Trebi

Anonimo ha detto...

O melhor cozido maragato, em Castrilho de los Polvazares, eu recomendo-lhe Casa Juan Andrés (http://www.casajuanandres.es/) (e nom, nom tenho comissom), e depois um bom, longo e digestivo passeio...
Mas, como melhor comida, sem dúvida, a berziana!

Anonimo ha detto...

¿Parará?