O asunto das caixas (o da lingua vai por outros camiños polos que xa non quero nin transitar, pero nos que advirto semellante apelación patriótica que non me gusta nin o máis mínimo), fóra da súa substancia dialéctica, ausente en case todos os análises, tira desta vena do noso como suposta argumentación racional. Non me importaría que así se fixese xa que as limitadísimas perspectivas dun fundamento coma este aparecen ipso facto. Pero o opinador que asume as premisas simplícisimas de galeguidade e envergadura (esa caixa forte, de gran tamaño) non está satisfeito con tratar de convencer ao resto con esas pílulas de populismo e zafiedade especulativa. Necesita denunciar ao que non pensa coma el e colocalo na ringleira de traidores, se non férridos (ou féridos para non faltar á verdade do escrito) e escuros.
Atendan, vostedes, ao seu xogo: defendan o que crean que é bó e xusto para os cidadáns dun país (esquecidos e agochados baixo ese termo que algúns manosean chamado Galicia). Pero non nos empreguen, aos que non pensamos así, como enemigos de ningunha patria. Primeiro porque non a hai e, de habela (que xa é moito pensar), porque non todos estamos obrigados a pensar que existe.
Nota: non vaian pensar que me sinto aludido por algunha columna de hoxe. Nin son intelectual (non son novelista nin teño ningunha novela premiada) nin entro en categoría semellante, moito menos con ese nome tan pomposo de интеллигенция.
14 commenti:
A patria, unha desas "grands most que devrainte, en signe d´avertisement, commencer à siffler comme les bouilloires où l´on chauffe l´eau por le thé" (E.C.)
http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/02/07/0003_8279242.htm
La Constitución se fundamenta en la indisoluble unidad de la Nación española, patria común e indivisible de todos los españoles
Está a pasarlle algo, Arume? Véxoo algo anoxado.
Si hai unha patria e ademais é indisoluble. Da súa existencia derívanse consecuencias políticas e xurídicas.
Non me gusta que utilicen o argumento da patria (sexa cal sexa) para a política. Ás veces pode resultar inocuo ao fin e ao cabo. Nin así me agrada. Douno, en fin, por inevitable.
Pero creo que para o funcionamento da política é pernicioso: xenera un odio absurdo, irracional. A min sinceramente me preocupa porque non deixa oco nin espazo para a discrepancia, para o exercicio da liberdade. Folerpa acompaña exemplo posible.
O capítulo constitucional, que engade o amigo anónimo, exemplifica a ridícula retórica desa expresión.
E, amigo Perfecto, non me pasa nada. É probable que o silencio da Toscana fique xa demasiado lonxe. Recuperarei algo en abril cando visite Nápoles. Pero, se me permite, lea cando poda "Adulti con riserva. Com'era allegra l'Italia prima dal 68" de Edmondo Berselli. Outro día fago unha recensión longa deste libro.
Amicísima Ana: muy mal se nos tiene que dar la noche.
clic
Aproveite en abril e beba un Brunello di Montalcino e zampe unha bistecca fiorentina alla mia salute.
Eu non vexo como aspirar a construír unha patria galega poida non deixar "oco nin espazo para a discrepancia, para o exercicio da liberdade". Ademais de constatar que lle gustan moito as estruturas bimembres, non pensa que hai outros temas máis preocupantes neste momento, aínda que se cadra non lle afecten tanto persoalmente?
Pois eu si e moi claro e por iso o escribo con aire de preocupación.
Dígame algo máis preocupante ca utilización da idea da patria (non a aspiración á construcción) para marcar irracionalmente as ideas (coas conseguintes derivacións de localismo, xenofobia e, en fin, rexeitamento do outro: tamén lle dou ás trimembres per incrementum) e miramos se coincidimos.
Pregunta de exame (en términos xurídico-procesuais, "aclaratoria de sentencia"): cando fala do nefando pecado da apelación patriótica no contexto da fusión das caixas estáse a referir a:
a) Núñez Feijoo e compañía.
b) Abel Caballero e adláteres.
c) Guillerme Vázquez e os seus.
d) Esperanza Aguirre y sus mariachis.
e) Todas as opcións anteriores, etcétera.
O problema non é o patriotismo galego, senón o PARROQUIAL-LOCALISMO que aínda pervive na sociedade galega, e que explica que La Voz de Galicia publique tropecentas edicións do seu xornal, ou que teñamos tres universidades con infinidade de campus, tres aeroporto, unha chea de concellos con menos de dous mil habitantes, ou un mapa de rexións metropolitanas sen facer e sobre o que ninguén se pon de acordo. Ou que a xente nunha manifestación convocada polo Alcalde de Vigo berre "No queremos que se lleven la caja", como se a fusión con Caixa Galicia implicase que a caixa a levaran para Honolulú.
O minifundismo. O individualismo. Ese é o cancro de Galicia, desde sempre.
Por outra banda, hoxe en Galicia temos problemas do día a día moito máis acuciantes. Están aí: o caso é velos.
Pois eu coido que se levan a caixa de Vigo, lévana. Que sexa a Honolulú ou a Coruña é un problema menor. Vigo queda sen ela, é un feito.
Para un tipo localista, que a quiten de Vigo é malo. Para un nacionalista galego, que saia de Galicia é malo. Para un nacionalista español, o malo sería que a levaran a París.
Non sei por que o equivocado vai ser X ao non querer que vaia para Coruña, ou Y por non querer que vaia para Madrid. Madrid, Coruña... que carallo máis terá? Non se decatan de que son todos iguais? Só depende de onde poñamos o límite da tribu e dos seus (supostos) intereses.
E outra boa: a intención coa fusión, entre outras, e ter unha caixa forte para absorver outras! Ou sexa, que nos jode que nos saquen a caixa da casa e queremos ir joderlla aos outros. Iso si que mola. Viva a patria e os patriotas!
Posta un commento