Caxigalines nella Reguera'l Campizu

23 maggio 2010

O MEU SANTIAGO


O meu santiago é o de loureiros, xasmíns, porta da pena, san martín pinario, algo de algalias e un pouco de antealtares, recordos da quintana e catedral de prata a acibeche, mazarelos, patio de madres, cafés azul e derby, toural e largos de rúa nova e vilar, noites de xelmírez e de conga, unha casa modernista no preguntoiro, carreiras por caldereiría e frío e chuvia en praza cervantes.
O meu santiago nunca cruza a senra.

3 commenti:

Anonimo ha detto...

"¡Y algo de nuestro ayer, que todavía vemos vagar por estas calles viejas!" (Antonio Machado)

Anonimo ha detto...

é que iso non che é Santiago, meu, iso éche Compostela.¿ou seica non?

arume dos piñeiros ha detto...

Será e é, sen dúbida, Compostela para o século, para o mundo, para a historia, para o que sexa, pero foi, é e será santiago para min.