Caxigalines nella Reguera'l Campizu

10 ottobre 2011

FRACASO POLÍTICO OU DA POLÍTICA NA DAS CAIXAS


Non comparto a desilusión pola deriva (ou derrota, que tamén vale) dos poderes financeiros con razón social en Galicia. Non participo desa simpatía coa banca polo mero feito de ser depositaria dos aforros de boa parte de concidadáns. Os investimentos, os beneficios que poden deixar van de seu (faltaría máis) e non son diferentes doutros que, non radicando nesta parte do mundo, tamén invisten e crean riqueza neste país. Pero pode ser que teña eu demasiado magnificado o mundo globalizador capitalista, que non entende máis ca de negocios e de gañar cartos. Non é ningunha crítica: é unha constatación obvia, por moito que nos empeñemos en crer que os valores da nación, do país poden funcionar cando se trata de establecer relacións económicas de calquera tipo. Cos vimbios legais que temos diante hai que comprender o funcionamento do capitalismo (o de salvaxe sempre me fixo gracia) nos seus propios termos. O outro camiña cara ao autoengano: o que pode tranquilizar, pero en nada impide que as entidades financeiras podan afundirse por non seren eficaces ou podan deixarse comprar coa idea, nada estúpida por outra parte, de quitar tallada notable pola venda. Un inversor de bolsa raras veces se conduce por motivos que non sexan aumentar día a día o valor da acción investida. 
O Presidente da Xunta quixo facernos crer, supoño que en contra da súa propia ideoloxía, que a fusión caixeira rezumaba galeguidade. Non só iso, senon que el mesmo era o garante de tal determinación portentosa, supoño que coa certeza de que iso era sinxelamente imposible. Apostou, alomenos desde o punto de vista mediático, por parecer o adaíl da nova epifanía financeira. Non se poden esquecer nin mesas conxuntas con outros líderes políticos (seica da oposición), nin debates parlamentarios para mudar as leis, nin rozaduras virís de mans sobre mans en singular foto de prohomes fachendosos de seren heroes da batalla económica do país. Tampouco as pomposas declaracións, ata o último minuto, sobre a esencia da galaicidade na empresa fusionada. Puxo a súa carne no asador porque cheiraba que o esforzo de aparecer triunfante con aqueles cabaleiros de impecables traxectorias e fúlxidas biografías conviña á coloración épica do seu retrato. Non convén dubidalo ningún instante, xa que a marabunta de fotógrafos que adoita acompañar ao líder terá constancia gráfica de todos os seus desvelos. Desde a lóxica interna deste proceso (non desde o meu punto de vista, que pouco importa), o fracaso, tras o arduo (e algo trampulleiro) esforzo, é máis ca evidente. Pero o fracaso palmario non se detén aí: magnifícase cando pon en evidencia, por semellar o campeador das caixas, a nula importancia da Xunta de Galicia en materia económica, o mínimo destaque da presidencia no control e exercicio do poder. O fracaso de Núñez Feijoo nesta empresa é, no fondo, e desde esa mesma lóxica (desde outras ata pode ser unha victoria), o fracaso da propia soberanía de Galicia.   

1 commento:

Anonimo ha detto...

¿Cuándo se jodió? (I)

ANTÓN BAAMONDE (EL PAÍS) 10/10/2011
Uno de los grandes misterios de la Galicia contemporánea ha sido la unanimidad que rodeó durante décadas las figuras de Julio Gayoso y José Luís Méndez, ahora ya unidos para la posteridad como Laurel y Hardy. Nadie dudó nunca de su derecho a gestionar, con autoridad ilimitada, las cajas de ahorro que han llevado a la ruína. Sería inútil encontrar en las hemerotecas la menor referencia crítica a quienes eran tenidos por prohombres intachables. En ninguno de los periódicos del país -absolutamente en ninguno- se encontró jamás ni la menor sombra de acento crítico a ninguna de sus palabras o actitudes. Por supuesto, nadie en los tres partidos puso en cuestión su liderazgo. No se sabe que los economistas discutieran jamás ninguna de sus decisiones. En la llamada sociedad civil, incluídos profesionales e intelectuales, fuese por ignorancia o complacencia, no se escuchó ninguna voz disidente acerca de su gestión.

Sin embargo, durante largas décadas han sido los hombres con más poder en el país. No hubo asunto de los llamados estratégicos para Galicia en los que ellos no tuviesen participación decisiva. Desde la celulosa de Pontevedra hasta la Autopista A-9, desde el puerto exterior de A Coruña hasta, por supuesto, un montón de decisiones sobre asuntos más o menos urbanísticos, los dos fueron piezas fundamentales en todos los equilibrios del poder en nuestro país. Ahora están sometidos al ludibrio público, por informaciones aparecidas en la primera plana de este periódico que han obligado a La Voz y al Faro a contar algo que habrían preferido callar, y que durante 40 o 50 largos años sólo tuvo el olor del incienso.

No es posible contar la historia económica y social de la Galicia contemporánea sin tomar en consideración su papel decisivo. El día en que alguien esté interesado en describir, a toro pasado, el papel de las elites y en elaborar lo que fue su cartografía hasta el día de hoy tendrá que describir cómo llegó Julio Gayoso, de la mano de Portanet, el alcalde franquista de Vigo, a lo que después fue Caixanova. También se verá en la obligación de separar el grano y la paja y tendrá que desentrañar si, como afirman los hagiógrafos, se empeñó en darle base financiera a una ciudad de base industrial o más bien tejió una red clientelar en torno a los ahorros locales.