O New York Times comenta que os últimos premios da Sociedade Nacional de Críticos de Cinema para as mellores películas do ano 2006 foron para filmes en linguas distintas do inglés. O terceiro lugar foi para Clint Eastwood coa súa “Letters From Iwo Jima,” que está en xaponés; a segunda para unha película rumana, da que non teño información, titulada “The Death of Mr. Lazarescu”, dirixida por Cristi Puiu; e o gañador, por un estreito marxe, como di o xornal, foi o Laberinto do Fauno de Guillermo del Toro. Falan de cosmopolitismo, de globalización, pero parecen preocupados. E nós queixándonos do contrario. Esto non hai quen o entenda.
3 commenti:
Pois o labirinto foi un dos piores filmes que vin nos últimos anos (e mira que eu a Cuarón, que producía, perdoeillo case todo...até dirixir unha de Harry Potter).
Guillermo del Toro e Clint Eastwood, dous bos cineastas. Aínda non vin as súas pelis pero penso correxir esta falta canto antes.
O imperio lapa todo; mentres que así sexa, as súas angustias serán pouco duradoiras.
Imperial e todo, confío en que non morra Hollywood.
Posta un commento