Caxigalines nella Reguera'l Campizu

19 aprile 2007

ASEMELLOS DUNHA VIDA

Despois de contemplar de novo unha obra de arte, leo hoxe no excepcional suplemento de The New York Times que publica EL PAíS (e que non atopo na versión dixital) un artigo de Kathryn Shattuck sobre o fotógrafo Bert Teunissen. As fotos que publica o xornal fixeron que indagara en Internet a obra dese autor. A descuberta é absolutamente fascinante, mesmo increíble, cunha técnica que efectivamente, como sinala a autora do artigo, recorda á pintura flamenca de interiores do século XVII, Vermeer incluído. Pero o importante é o retrato ou asemello case antropolóxico dunha xente, dunha cultura, dun mundo a piques de desaparecer ou xa desaparecido. Por iso, non é estraño que, no artigo, Teunissen rexeite a consideración que algúns fixeron da súa obra como still-lifes ou, como decimos onda nós, naturezas mortas, porque por momentos iso semella.
Teunissen xustifica a súa proposta artística cunha reflexión moral e copio do xornal:
"Esa gente pertenece a ese lugar. Es la sensación que tienes cuando ves la fotos. Es como si la gente y los lugares se hubiesen hecho unos a otros, como si se hubiesen fundido en uno solo. Lo único que podemos hacer ahora es cruzar los países con la esperanza de encontrar lugares a los que se haya dejado tranquilos y en paz".
Como contrapunto aos retratos de Lempicka, non podo atopar cousa máis extrema.
[Foto tomada en Monterroso, Lugo]

4 commenti:

Ana Bande ha detto...

Moi boa descuberta Arume, a min lémbrame os traballos dos fotógrafos da Farm Security Administration...1930 USA, 2005 Galicia???

Mario ha detto...

Aínda que a min iso de pertencer tanto a un lugar paréceme unha arma de dobre fío, pode ser moi moi limitante, e o noso medio rural é tamén un bo exemplo diso.

Anonimo ha detto...

Eu non creo que haxa unha idealización, senón unha constatación de como as persoas construiron un lar, un fogar, e como ese fogar e esas persoas forman un todo. Desaparecido un desaparece o outro. O que se deriva disto parécese ao que vostede, Mario, moi ben describe. E eu comparto con vostede esa anguria por pertencer, simplemente, a un lugar, pouco ou moito.

Anonimo ha detto...

A min chámame a atención o sinxelo que resulta todo o que é absolutamente complexo.
Teño unha tia-avoa de 95 anos que podería protagonizar algunha desas fotos, ela e a súa casa, das que amosan unha vida de traballo, dignidade e honradez. O feito da identificación da xente coas súas casas supoño que será natural. A verdade é que non o sei, pero gústanme as fotos, que coño.