Caxigalines nella Reguera'l Campizu

16 aprile 2007

BALAÍDOS ONTE

Onte fun a Balaídos para ver o Celta-Coruña. Un espectáculo extraordinario: un tempo primaveral, as gradas cheas de xente, un entrenador con carisma (o meu querido Stoichkov do dream team) e a rivalidade clásica entre os dous equipos galegos. O partido non ofreceu bó fútbol, pero sí emoción. Para un celtista de corazón culé coma mín as emocións tiveron esta orde: ilusión polo interés dos xogadores celestes, entusiasmo polo gol de Baiano e temor porque faltaba media hora para rematar o partido. Disfrutei, pois, moitísimo. O público animou ao equipo celeste de forma constante, pero teño que recoñecer que os cánticos das bancadas de fondo, máis preocupados pola aldraxe ao Coruña (a quen chaman Dépor) que por animaren ao Celta, non me gustaron. E creo que á xente que acude a Balaídos tampouco. Xa sabemos todos que o máximo desexo dun celtista (dos que teñen o sangue celeste) é que perda o Coruña, con todas as variantes posibles, por suposto mesmo que baixe a Segunda B. Pero ese impronunciable estribillo contra Coruña e contra Riazor ofende. E moito. Menos mal que non era seguido pola maioría dos espectadores, co que, por outra parte, perde efectividade a noble tarefa de siarearmos ao equipo da casa. As fotos hoxe dos Riazor Blues polas rúas de Vigo escoltados pola policía debería facernos recapacitar. Aínda está no meu recordo o espectáculo grandioso hai case tres tempadas cos siareiros da Real Sociedade camiñando libres polas avenidas de Vigo ata o campo. Aquilo debe server de exemplo.

6 commenti:

Anonimo ha detto...

Menos mal que ganhou o Celtinha. Tes razon, xa vai sendo hora de que a xente deixe de dicir esas tonterias. Eu son celtista de corazon ainda que non vigues. Nunca quixen que o Depor perdese.Ao mellor tes que ser celtista e vigues para ter ese sentimento anti-corunhes.

Eu disfrutei vendo o partido no que destrozaron ao AC Milan na liga de campions cun amigo italiano :). Estrictamente falando o Deportivo ten mais titulos ca o Celta... asi que xa vai sendo hora que nos ponhamos a traballar. Na minha opinion estas tonteria localistas non fai moito ben.

P.D: disculpa por non por acentos e demais, e que son un pouco lacazan para usar o ALT + whatever para ponhelos.

Saudos

bouzafria ha detto...

Eu tamén estiven en Balaídos. E son vigués e moléstanme os cánticos insultantes da grada de Fondo.
Concordo co que di Arume, máis o comportamento dos Riazor Blues volveu ser lamentable: incendio nas bancadas ,agresión a un traballador da TVG ( como hai anos agresión a Celades). E pareceume magnífico por valente o plantexamento de Stoichkov. Desexo que as cousas sigan deste xeito.
E é certo: aquel ambiente tan fermoso do día da Real Sociedad é inesquecible.

Anonimo ha detto...

Totalmente de acordo. Son subnormais, non importa a cor da camiseta. "Subnormáis".
Eu lembro en Coruña aos siareiros do Athletic cantando, bebendo e bailando cos do Coruña (despois do partido), intercambiando bufandas e até fluídos. Irmandades Celta-Real/Coruña-Athletic? Casualidade?

Anonimo ha detto...

Eu son celtista pero tampouco acabo de entender o mal que se entende o concepto de rivalidade sa entre dous equipos do país.

Mario ha detto...

A min a única temporada na que me deu forte forte polo fútbol fun dos tres (sic), e cambiaba de insignia todos os días. A rivalidade Coruña-Vigo é unha desas rivalidades "coloniais" que só serven para nos perxudicar. Un montón de galegos insultándose nunha lingua allea e acusándose respectivamente de turcos e de portugueses... Como dixo o meu pai a temporada na que a cousa se radicalizou: eu nunca gostei do racismo, e moito menos entre galegos.

besbe ha detto...

Pois eu estaba pensando estes días que debía ser unha festa este derbi que carai, a pasalo ben que é o que nos queda.
Pero despois ves a catro atontados pintando a mona e vénseche a alma aos pés, a ver se non se vai a 2ª o Celtiña e para o ano vémonos todos no derbi.

Por certo, noraboa pola victoria :)