Caxigalines nella Reguera'l Campizu

17 aprile 2007

PRE-ELECCIÓNS EN VIGO

A candidata e os candidatos á alcaldía de Vigo andan estes días na preparación dos días previos á precampaña para as vindeiras eleccións. Non hai finde que non aproveiten para soltar á súa parolada, nin acontecemento, buscado ou ocasional, que non poda dar pé ao comentario sobre as súas (un dicir) propostas de goberno. Os güiquéns son moi axeitados, porque o cargo de maior relevo ten días de descanso en Madrid ou en Santiago e decide xirar por provincias para apoiar aos seus. Por iso, imos ter todos estes sábados e domingos (os venres pola tarde tamén valen) racións dobles de deputados/as en cortes, parlamentarios/as galegos/as, presidentes/as do que sexa, senadores/as, conselleiros/as, ou presidente de deputación trabando nalgunha mostra da celebérrima gastronomía galaica, mentres apoia (ou empurra) ao seu. O espectáculo non ten por que ser edificante, pero debe ser entretido. E vermos a Rajoy zouparlle á empanada de raxo (co freiño da lingua atarefado no 11M) ou a Touriño abrazado ao licor-café feito por unha militante ad hoc nun polideportivo aberto só para el, ou a Anxo Quintana larpeirando rosquillas (cos maiores, por suposto) en Bouzas (entre outros posibles) pode resultar mesmo cómico. Dá boa foto para os luns no caso de que o Celta non acade bó resultado. Pero que por calquera causa o candidato de turno corra (con perdón) coma un poseso a facerse a foto co turista accidental resulta patético, se non for unha aldraxe á intelixencia dos votantes. A presencia de Abel Caballero o outro día por mor da visita da conselleira de Educación era completamente impertinente. A presencia de Santiago Domínguez na visita de Anxela Bugallo tamén. E a presencia de Corina Porro en cada acto en que Louzán inaugura (que son todos) tamén. É unha auténtica vergonza. O malo é que aínda queda un par de meses para contemplarmos semellantes esperpentos. Que nos sexa leve.
[Tamara de Lempicka, Autorretrato con Bugatti verde. Exposición en Vigo, Casa das Artes, desde este mércores 18 de Abril ata o 15 de Xullo]

3 commenti:

Peke ha detto...

Comentarás a exposición?

Anonimo ha detto...

Fareino esta fin de semana, con moito gusto.

Anonimo ha detto...

Din que a exposición ten corenta cadros e moitos obxectos persoais. Desde logo, ten que ser interesantísima. Non se pode perder. Mais antes agardaremos os sempre subtís e intelixentes comentarios de Arume.