Caxigalines nella Reguera'l Campizu

9 settembre 2007

FEIRA MEDIEVAL E EMIGRACIÓN


Foi fin de semana de feira medieval en aspontes. Para visitar a family, entregada á reconstrucción da vila en formato medievo. Falcóns, teatriño ambulante, elixires varios, danzas do ventre e, como non, unha concentración moteira, con striptease de camisetas molladas. Non din feito. Entre empanada de liscos (moi célebre naquela terra polo seu poder calorífico), o arrecendo a queixos de cabra e ovella e a exaltación do donuts con chiculate tamaño neumático, transcurriu o día. Paseino ben (moi ben: é o que ten ver o meu irmán en plena forma), pero o das camisetas xa era moito. Non sei se houbo, porque o típico ralentín ou rintintín da noite non daba para moito. Eso si, vin a Ana (unha amiga de Zero Vacas) que facía tempo que non vía. E, coma sempre, foi suficiente para comprobar que os mellores das mellores xeneracións estánlle a coller moito gusto a viaxar e a vivir noutro lugar distinto de Galicia. Antes chamaban a iso emigración, pero agora non sei. Un destacado membro do nacionalismo local laiábase de que os seus fillos, educados na idea de permanecer en Galicia para crear e construir país, viven encantados a súa xuventude en Madrid e en Barcelona. O pai, desesperado, non comprende nada.

Foi esta visita á idade media, polo que se ve, moi fructífera.

Nota: tratarei de seguir estes días o blog, pero vaiseme facer difícil. Ando de curso de verán e non sei se poderei incluir as miñas reflexións.

6 commenti:

Anonimo ha detto...

Que viaxen, que se formen e que volvan coma Ulises. Aí é onde quereriamos ver aos nosos políticos “facendo país”, creando posibilidades e estruturas para que a xuventude poida regresar, se quere.
En canto a chamarse “emigración”, e curioso, pero un alemán de Baviera que fose traballar a Berlín ou un francés de Bretaña que fose traballar a Lyon, nunca empregarían ese termo, só se “desprazarían” polo país.

The Talker ha detto...

Feels like an interesting site. If only ,I were able to read the posts.

The Psychics Blog - http://thepsychicsblog.blogspot.com/

The Healers Blog - http://waysofahealer.blogspot.com/

Razors Edge - http://anotherlookatit.blogspot.com/

Marcos Valcárcel López ha detto...

Sorte con ese curso de verán que dirixes, que por certo parece moi interesante (na UIMP, non?).

R.R. ha detto...

Mimá, internacionalizado de todo me ten o bló. Pero entrei para ler e ver e para dicirlle que me alegro moito do seu bróder en plena forma e de que o pase ben polas terras das Pontes.

Anonimo ha detto...

Arre membro viril! Mire que non lle hai feiras desas medievais por Galicia adiante! Qué orixinalidade!

En canto o do nacionalista ese que non comprende nada... iso é unha brincadeira, non si?

Anonimo ha detto...

Se mesmo houbo unha feira desas medievais aquí!!!!
Alédome de que o pasase ben.