Probes vós todos os que non vivides en Vigo e non podedes escoitar pola radio nin mirar nos xornais os anuncios de Aproín, unha seica organización non gubernamental adicada a salvar á cidade do desastre. Aproín presenta a cidade de Vigo como unha urbe encamiñada á destrucción, á crise absoluta se non se aproba un plan xeral xa. Pero ao parecer non un plan xeral calquera senón o plan xeral, ese que levan varios anos poñendo por riba da mesa para que asine o alcalde ou alcaldesa de turno pero xa, de xa. A aparente avidez, lonxe do que pensan os malvados retrasadores de plans, débese ao seu interese filantrópico: o de procurar o Ben Común Olívico. E, para conseguilo, non reparan en gastos de publicidade para que o pobo caritativo de Vigo poda compracerse en ter veciños tan celosos do seu benestar. O que non entendín moi ben é por que non desenrolan as abreviaturas do seu precioso nome: Asociación de Promotores Inmobiliarios. Tal vez así saberiamos a quen estar sumamente agradecidos.
12 commenti:
Chapeau polo comentario. Chapeau!
Ui, a min así xa non me convencen.
¡Ai, como sodes! ¡Son filántropos, onde eles actúan resplandecen a xustiza e a fermosura! E vós, ¡hala, hala!, a criticalos...
estou con Ruibal. O que lle pasa a vostede e a outros moitos funcionarios e que non resolvedes nada e nada. Veña a marear a perdiz de arriba para abaixo. Sodes un fato de rémoras.
Menos mal que está a iniciativa de algúns (aproin) para sacarnos desta desidia.
Noraboa ao complexo industrial do ladrillo!!!
Eu durmo en Vigo,traballo en Santiago e son oriundo de Ourense. Podo comparar as tres cidades dende hai vinte anos e a súa evolución. Compostela e Ourense van mellorando axeitadamente (falo como visitante, eu fun un exiliado económico cara a bisbarra de Compostela), coido que Vigo está peor. Estou de acordo con Aproín: Vigo vai cara a destrucción e o desastre.
Dito o cal, debo engadir: non teño probas fehacientes (como as que esixe a maleducada Mª Antonia Iglesias os martes pola mañá na Radio Galega), pero teño a sospeita de que os responsables da desfeita son os ...promotores inmobiliarios.
Descoñezo cal é a vital importancia da aprobación urxente do Plan. Só sei que pasear por Vigo mirando para os edificios-casas-chalets-naves industriais-eidos, todo ben mixturadiño, éche ben divertido.
O Ben Común Olívico, coñecenllo ben, non son parbos...pero non da cartos.
A publicidade é inocente, ¿ou non? Nas primeiras eleccións autonómicas, no 81, o partido que máis cartos gastou en publicidade electoral non foi UCD, nin AP; foi a CEG, con bastante diferenza
Por certo que un fontaneiro da UCD viguesa de entón, que era a máis centralista de todas, era un xornalista que presume de viguismo. Agora vai de enrrollao e demócrata, despois de prestar servizos que nunca serán recollidos nun libro.
É meterme en camisa de once varas, pero aí vou.
Mirénno de outra maneira. Nin todos os promotores immobiliarios son malos nin siquera todos bos, pero todos puxan por un obxetivo que é gañar cartos facendo casas e vendéndoas.
Polo que sei dende hai anos, Vigo non ten Plan Xeral, e certas obras e inversións están pendientes de facer por que namentras no se aprobe o Plan non se lle pode dar licencia.
Se poñemos en unha balanza todo o que APROIN -facción mala- quere executar e no outro platiño -facción boa- proxecta, deberá ser o Goberno de turno, neste caso Caballero y Donald, perdón Domínguez, quen decida cales son os proxectos os que se lles da vía libre, e dicir nin siquer serán os promotores os que decidan o que se fai ou non.
Como ninguén confía na capacidade-aptitude-actitude- e a ética dos políticos cando se fala de urbanismo municipal, se algunha organización ou asociación solicita algo, pensemos que son os piores e que queren especular ata cos terreos da Citroën, cando o millor o que queren e que se aprobe un plan, o que seña pero que se aprobe, xa que logo se terá unha norma para todos supeditada a aprobación municipal e autonómica.
A que hai medo por tanto, e conste que non son de Vigo senón de Lugo que temos o mesmo problema.
Ah esquencíame, a bon seguro que todos sairán a rúa ou pedirán o cambio de domicilio, o día que o Celta enxaugue o seu déficit ca recalificación de Balaídos e mandarán colgar das forcas maís outas os probiños de APROIN.
O problema é que Aproín non quere outro plan que non sexa o que levan defendendo desde a época, por certo, de Castrillo. Non creo que o constructor sexa per se un ánima emponzoñada: a mín paréceme lícito que reclamen a aprobación do plan xeral, porque os seus intereses son lexítimos. O que critico eu é a mala conciencia que lles impide ir de frente decindo que son eles, os promotores inmobiliarios, quen abandeiran a proclama. Por que será?
Nota: o amigo Caballero hoxe xa vai recuando. Tardaba porque esa pantomima do 40% (agora onde sexa posible), coma todas as que luce últimamente, non a cría ninguén.
Vostede é un sabio, amigo
Posta un commento