Caxigalines nella Reguera'l Campizu

17 dicembre 2007

MATILDE ESPINARDO


Matilde Espinardo, unha curmá da miña nai, lectora voraz e escritora nos ratos libres que lle deixa o bar e as ocasionais galas en bautizos e festas de xubilatas na Capela, mandoume unha noveliña para que lle dixera que me parecía. Pediume que lle corrixira algunhas grallas e, sobre todo, que lle comentara o estilo. Nin o seu marido sabe da súa afección, pero tamén é verdade que o seu marido non sabe nada dela. Gústanlle os cabalos e está tolo por ir ver o Grand National o ano que ven. O seu fillo Santiago é o único da familia que coñece os seus andazos de escritora, pero ao rapaz non lle gusta ler. Así que estou obrigado eu a facerlle caso. Con gusto, porque un non se pode negar cando ela fala con eses ollos iluminados pola ilusión.
Xa llo corrixín (non moito a verdade), pero que non saiba ela que llo publico. Querería que foran vostedes os que lle dixeran algo. Vou colocar o relato por entregas nun blog aparte: tres capítulos por día de A doble morte de Carina Mourela. Non sei que lles ha parecer. Xa me dirán.

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Jarl!

R.R. ha detto...

¡Hala! Aquí un que se apunta lectura. Boa idea, aínda que xa discutiremos detalles que un ve cando a cousa estea en marcha.

¿Teño permiso para darlle publicidade?

Anonimo ha detto...

Por suposto. A ela no fondo encántalle, pero teño que gardar as formas.