Caxigalines nella Reguera'l Campizu

11 dicembre 2007

A INCONSTANCIA

Ando con varios libros á vez e non remato ningún. Téñoos na mesiña de noite un ao lado do outro por ver cal collo. Cando eles venme achegar, semella que murmuran solícitos e sedúcenme agarimosos, case en saloucos. Son catro, pero moito receo que van aumentar co paso do tempo. Terei que ir rematando algún deles, pero dá pena despedilos. Tres deles están contados en primeira persoa: dúas memorias (os Diarios de guerra de Azaña, do que falarei máis adiante nun post porque descubrín que é un dos mellores escritores en lingua española, as de José Ribas, Los 70 a destajo) e un relato seica inventado (Las benevolentes, de Jonathan Littell, cuxas primeiras 100 páxinas lidas son tremendas, asfixiantes, desalentadoras). E o outro comenceino onte co arrecendo que despide, gracias a don Xohan da Coba, ese cabaleiro, da Sicilia settecentesca: Dacia Maraini e a súa La lunga vita di Marianna Ucrìa. Teño que recoñecelo: son un inconstante. Io, definitivamente, sono mobile, qual piuma al vento.


Cadro: Henriette Browne, Nena lendo. Victoria and Albert Museum, London.

34 commenti:

Anonimo ha detto...

O libro de Littell estao lendo en francés? Eu teño reservado para estas vancances, pero na tradución ao castelán.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Vostede está tolo. En castelán, comme il faut.

Anonimo ha detto...

Dicíao porque como pon un enlace co orixinal francés...

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Por pura economía blogueira: foi o primeiro que atopei que me gustou. De todas maneiras, hei dicir que non debe ser difícil traducilo ou polo menos o vocabulario non é moi variado e a sintaxe é ben sinxela. Agora teño que admitir que hai algo que non me chista moito: non traducen os rangos militares (a propósito: mesmo hai un glosario do propio traductor e unha nota indicando que así está no orixinal) e teño que ler un oberkampfgeneral ou cousa semellante, que desluce o texto. Sobre todo cando está nunha reunión e non sei se é máis elevado un ca outro.

Anonimo ha detto...

Non me diga que non recoñece, a simple vista, as xerarquías da Wehrmacht, das Schutzstaffel ou das Waffen SS!

Defráudame, amigo Arume.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Nunca me interesou o máis mínimo. Sinto decepcionalo: non sei nin as máis próximas. Eu funlle obxector de conciencia e todo o militar dame repelús. Pero está ben saber que sempre hai alguén erudito en tales cuestións.

Anonimo ha detto...

A mín pásame algo parecido, arume. Non fixen a "mili", e pra mín son todos "militares".
Vai unha CANCIÓN

Anonimo ha detto...

Trouxome vostede, Dacoba, lembranzas dunha serata dese mesmo ano con Serrat na praza de touros en Santander. Era o mesmo espectáculo do video. Eu con Serrat non podo: choro sempre. E mira que non me gustaba moito de pequeno e ata aborrecía Mediterráneo. Pero teño que recoñecer que sempre me emociona. Deben ser os anos.

Anonimo ha detto...

E non se preocupe si tén varios libros na mesilla. A mín pásame o mesmo, desde sempre, e góstame así. Eso de "acabar primeiro un libro e despois outro" paréceme tan absurdo como estudiar unha enciclopedia por orde alfabético: Primeiro o tomo do "A" , logo o do "B"...Non, ó criterio non é ese. O criterio , tén que diseñalo ún mesmo. O mundo de ún mesmo, organízao ún mesmo.

É algo parecido ó comer: Ante un plato de arroz con polo, non come primeiro todo o arroz, e logo todo o polo, e logo bebe todo o viño, por moi "lóxico" e "organizado" que poidera parecer facelo así.



(Na miña aldea había un home que levaba prás fincas un pan e unha botella de viño. Á hora de comer, comía primeiro todo o pan, sen beber nada. Logo, bebía a botella dun trancazo. E logo, decía: "Que reparta o corpo". XDDD)

Anonimo ha detto...

(Anque Io, nullo di senso e di pensierooo...)

Anonimo ha detto...

Joer. Anche . :/

torredebabel ha detto...

a inconstancia é en si mesma toda unha ollada sobre a lectura. Penso que, dalgunha maneira, os lectores e lectoras poden repartirse no mundo entre constantes e prolixos e inconstantes e aleatorios. Non sei se algún dos grupos é mellor co outro, pero eu estou claramente no segundo.

Anonimo ha detto...

E, por certo. Son só catro? Eu adoito ter dez ou doce, "en paralelo" (algúns tén certa lóxica leelos "en serie"). A lectura non avanza por igual en todos, claro. Depende da "resistencia" que presenten á lectura (unhos son mais "indixestos" que outros, precisan máis tempo no "estómago")). E do "interés" do tema ("voltaxe?"). Incorpóranse unhos, desaparecen outros. Procesos típicos. Multitarea ou multiproceso, que chaman os programadores...

Anonimo ha detto...

O de sentirme defraudado era, por suposto, unha brincadeira, Arume. Esquecín de poñer :-)

Certamente que non é nada doado reter na memoria os rangos militares da época nazi. Só con moitas lecturas de bibliografía especializada e con moito esforzo nemotécnico se logra, e aínda así nunca plenamente.

Esperarei espectante o seu intelixente comentario sobre a novela en cuestión. Vaia se esperarei...

Anonimo ha detto...

Vaia. Lendo catro libros á vez... Tampouco crea que ten tanto mérito. Eu por exemplo agora mesmo non estou lendo ningún libro á vez e tampouco me tiro.
Apicultor: é vostede, é vostede, é vostede un... cabrón. De verdade sabe de todo ou faise? Cajinantodo... eu de maior quero ser coma vostede. Claro que lendo ningún libro á vez... a ver se me centro e non leo un só coscretamente.
Dacoba: Moi boa a analoxía do arroz con polo. Eu digo o mesmo: cando estás con catro frebas non vas dunha nunha, non si? Vas picando un pouco aquí e outro pouco acolá... Como Arumes cos libros, digo, pero pasándoo de puta madre.

Anonimo ha detto...

Lin unha crítica sobre las benévolas ou benevolentes que o puña fatal de toda fatalidade, mesmo chamaba papanatas aos que o aplaudían. Xa contará.

Anonimo ha detto...

Cada un fai as comparanzas según a súa experiencia vital ,de la highway 51. Teño un amigo que é técnico de son, e dí: "A vida é como unha mesa de mezclas. Non pode ser todo agudos, nin todo graves, nin todo medios. Hay que ir trampeando" XDDD

Xaime ha detto...

Na miña casa, quen se imaxinan non me deixa ter libros enriba da mesiña de noite, por que alega que se non, nin caso lle fago, polo que demoro ir pra cama, e así, nin leo, nin durmo, nin f......
Onte lín un libro moi ameno que se titula " Las Estafas del art. 251 del Codigo Penal de 1.995", e tamén andiven brujuleando sobre dos dereitos de autor das fotos colgadas nos sitios Web.
Resumo, que envexa lles teño.

Anonimo ha detto...

Amigo DH61: metá seino e metá fágomo. E de onde quita que son maior? Digamos mellor: maduro interesante. Pero non lle recomendo que sega o meu exemplo.

Anonimo ha detto...

Eu, onte estiven lendo antes de durmir dúas revistas do corazón que compréi en Portugal. Son a mellor cousa pra familiarizarse con calquera língua extranxeira: as revistas do corazón.

Serendipia ha detto...

Mucho me temo que lo único que sabría decir en italiano es "sotto voce"... Pero al menos lo entiendo todo (o eso intento creer).
¡Me gusta mucho el blog!
Volveré por aquí.

Xaime ha detto...

Está claro Sr. da Coba que cando se refire a familiarizarse cunha língua extranxeira non será o que vostede e eu pensamos neste momento.

Anonimo ha detto...

Esa que vostede i eu pensamos sí que é a mellor maneira, sen dúbida. Moi demostrado.

Un método de italiano que lín recomendaba na súa derradeira leción , entre outras cousas,enamorarse dunha italiana ou dun italiano pra seguir mellorando !("El italiano sin esfuerzo",de ASSIMIL).

Xaime ha detto...

Voulle contar un segredo.
Sendo novo, contoume Uxio Novoneyra que as mulleres máis quentes eran as da montaña. Non-o entendín e como estaba medio tolo non lle fixen nin caso.
Co tempo, en Compostela, andiven "practicando diferentes linguas", e un día " oh Deus ", pasou o meu carón unha fermosa pastora dos arredores de Becerreá, que lle digo que case me volve tarumba, e non polo italianín que falaba, precisamente.
Dende aquela os amigos sempre lles digo que non poden morrer sin probar unha boa "lingua" da Serra dos Ancares.

Anonimo ha detto...

Pois haberá que dar unha volta por alá, Xaime. Pero, có frío que fai en Ourense, non quero nin imaxinar o que fará por alá.

Non hai coma o calor do amor nunha palloza.

Anonimo ha detto...

O código penal (de pena) é, sen dúbida, unha lectura afrodisíaca. Dígame cal é mellor: o do 1995 ou a reforma de hai pouco. Por variar, máis que nada, porque coas lecturas que levo como que non.

Anonimo ha detto...

Eu tamén sei decir en italiano "andante con motto". Faime moita graza, imaxinar un individuo tan parvo coma pra ir a pé, tendo unha moto.

Nuca ha detto...

Ei!!! Mecajoendiola!!! Hai que organizar algo, quén ven pasar esta fin de semana a Cervantes? Falo -con perdón- de Ancares Lugo non de libros de cabeceira.

Xaime ha detto...

Estiven de cea, con un Coto Reserva e a estas horas, meu Arume, non lle sei se o Código Penal do 1.995 e o que está vixente.
Se me collen e me fan soplar, vou pra Bonxe direitiño.
Xabarín, corzo e porco, quén da mais.
Por min como si fan a cidade da cultura.
Ténolles que armar unha por aquí, temos que quedar. Boas noites, amigos.

Anonimo ha detto...

Eu claro que iría occam, sobre todo despóis de coñecer de boca de Xaime as dotes amatorias das mulleres da montaña luguesa. Pero có frío que fai igual quedo atrapado pola neve, ou igual morremos conxelados e abrazados a miña amante e máis eu.Atoparían os nosos impúdicos esqueletos en posición copulatoria dentro de seis mil anos.Qué vergoña!! Anque, se é verdade o que dí Xaime, a calor emitida pola miña partenaire derretería toda a neve dos picos "Dos Tres Obispos",Piornedo e o resto dos Ancares.

Anonimo ha detto...

Pois eu en italiano só sei dicir "rocco siffredi", pero non me pregunten o que significa. Seguro que nesta blo tan italianizante alguén o sabe.

Xaime ha detto...

Era un defensa central do Nápoli

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Máis ben ariete do Empoli.

Xaime ha detto...

Bueno, eso, aínda que coido está trabucado Arume xa que Rocco Siffedi do Napoli tiña un figlio, e a ver si era ese que vostede dí, e polas datas no me sae a conta.