Coñecémonos desde cativos: compartimos escola, aínda que el é máis novo ca mín. Xa daquela era famoso o seu talento descomunal e a súa capacidade envexable de traballo. Despois coincidimos por mazarelos varios e en pensións concurridas da rúa compostelana de Loureiros. Nada máis rematar a carreira seguimos pasos distintos: el continuou amazarelado (con viaxes heroicos a unha galería do Preguntoiro onde fixo a tese e desde onde se vía a Berenguela) e eu andiven por terras do salnés adestrando bachilleres por un tempo. Volvimos a coincidir co meu regreso ao útero da alma mater e desde aquela os pasos seus e meus vagan por espacios semellantes. A fortuna quixo ademáis que a súa casa diste da miña apenas cinco metros, os que separan o segundo onde eu vivo do cuarto onde el habita. Tomamos o café xuntos case todos os días, levamos aos fillos á mesma escola e disfrutamos de cando en vez de veladas divertidísimas con outros amigos.
Digo esto para suliñar que somos, pois, moi moi bós amigos e que, por iso, tal vez soe a propaganda amistosa o que vou dicir. Todo o contrario: se admito esta proximidade e relación persoal moi profunda é porque, despois de recibir hoxe a súa edición da obra burlesca de Quevedo, teño que recoñecer que a miña admiración por el (xa altísima) sube aínda máis ata a reverencia. E para que non se vexa que é paixón de amigo, invítovos a que leades a portentosa publicación deses dificilísimos textos quevedianos resoltos cun rigor e cunha intelixencia fóra do común. Souben dos seus titánicos traballos, pero descoñecía o alcance verdadeiramente exemplar do resultado. É un luxo para a Universidade de Santiago, para a Universidade galega ter a Antonio Azaustre entre os seus profesores. Parabéns, amigo Antonio. E agora a descansar. Que non paras, ostias.
4 commenti:
Mi ma!!! Pero si eu tamén coñezo a ese pequeniño gran home!!! Definitivamente Arumes o mundo é un pañuelo.
Comprendo que nun post non é o lugar para extenderse, pero saiba que a súas eloxiosas palabras quedan ainda escasas para significar a dimensión intelectual e persoal de Antonio.
Vaia pois o meu sinceiro recoñecemento e parabéns polo traballo de este gran amigo
Como sabes, Azaustre éme familiar por varias vías. Curioso atopalo aquí
O caso é que eu creo que coñezo de vista ao nacho ou ghicho este. Daba aulas no campus de Lugo circa1996?
A min paréceme un tipo caralludo, con perdón da expresión: culto e con sentido do humor.
Posta un commento