Un novo ristorante foi rexistrado no meu padal de sapori italianos. Fronte á factoría xa case abandonada de Miau en Bouzas, na rúa Tomás Alonso, O Vesuvio, así en napolitán. Fomos mellorar a nosa constitución o día 6 a base de tagliatelle allo scoglio, linguine ai gamberi e pizza prosciutto e funghi. Cun Nero d'Avola que quitaba er sentío. Un tiramisú clásico e un café para repetir redondearon este pequeno pracer festivo, de non excesivos prezos e cun servizo excelente. O cociñeiros saiu a despedirse cun emotivo arrivederci e una buona giornata. Voltaremos de seguro. Abofé que si.
Fotografía: o fillo do panadeiro de Módena, un tal Luciano.
5 commenti:
Preciso do seu correo señor arumes, mándeme un a nessuca no gmail.com (firmado: a filla dun panadeiro)
Joer Arume. Tivo que traerme vostede lembranzas dunha moza que tiven fai anos na rúa Tomás Alonso. Cantos viaxes a Vigo, pra esperala na Praza da Industria, recollela e pasar fermosos días de praia!
Pero claro, esa é outra rúa do mesmo nome. Séi perfectamente cal é. Bouzas, fronte ó miau. Había tamén por alá unha residencia de estudantes, fai anos.
Pois nada. Non ha pasar moito tempo antes de visitar ese "vulcano".
Unha precisión. A fábrica é a de Alfageme e non está abandoada. Miau é unha das marcas da empresa, a máis coñecida.
O Señor Bernardo Alfageme foi un dos industriais cataláns que se achegaron por estos lares no XIX para instalar ao principio fábricas de salazón e máis tarde conserveiras. Tiveron éxito nesas empresas ainda que non foron capaces (por desidia) de crear unha burguesía ilustrada como fixeron en Barcelona os que alí quedaron.
Leo na páxina web de alfageme:
Fundada en 1873 tiene su sede central en Vigo, en el emblemático edificio proyectado por los arquitectos hnos. Gómez Román. Cuenta además con otras tres plantas de producción situadas en la Ría de Arousa; una en O Grove, otra en Ribadumia y una tercera en Vilaxoan. Por lo que las cuatro factorías gozan de las ventajas que su emplazamiento, a los lugares próximos de las capturas, les proporciona.
Cando dixen xa case abandonada, quixen dicir que vai pechar, segundo as últimas noticias que lín. A pesar do que di a páxina web hai intentos de levar a producción a outros lados. En fin, sic transit gloria sardinocratiae.
Os Alfageme vivían nunha casa na aba do Castro: Os do meu barrio xogabamos á pelota no campo de acceso a súa casa. Cando viña un coche parabamos de xogar, e mirabamos marabillados como se abría o portalón da súa finca sen que ninguén saíra do coche: os nenos deduciamos que tiñan que ser, logo, inmensamente ricos. Daquela se comentaba que o Sr. Alfageme fora asasinado uns anos antes.
Posta un commento