Caxigalines nella Reguera'l Campizu

7 settembre 2008

MUSEOS DE VIGO 1


O domingo pasado foi o verbum e a súa exposición sobre o 68, onde puiden ver varias fotos nas que saía a miña profesora de Historia do lonxano BUP: Luz Rubiños. Alí aparecía, como militante do PC, a carón de Álvarez Areces, o que hoxe é Presidente do Goberno do Principado de Asturies. Alí aparecía coa mesma faciana que eu coñecín mentres explicaba como ninguén a crise do 1929 ou a descolonización, co mesmo coraxe e entusiasmo que eu puiden aprender das súas palabras encendidas na clase. Tiña, coma se pode ver á dereita na foto que rescatei da exposición, o pelo corto e abundante, que trataba de atusar coa man a cada intre. Hai tempo que non a vexo: a última vez foi no Preguntoiro e falei con ela durante uns vinte minutos, coa mesma intensidade coa que daba as súas clases. Foi unha das mellores profesoras que eu tiven na vida. Se acaso le esta anotación ou alguén a atopa polo camiño, que saiba que sempre a recordarei tan contenta coma nesta foto. Un bico para ela.    

2 commenti:

Lula Fortune ha detto...

Co pitillo de Ducados entre os dedos, naqueles tempos nos que compartíamos tabaco cos profes.

bouzafria ha detto...

E alí aparecían persoas as que aprezo persoalmente e que coñecín pola súa afección ao xadrez como Foz ou Federico Ordax, e algúns máis...