Caxigalines nella Reguera'l Campizu

8 dicembre 2008

TRINTA ANOS


Pasaron trinta anos da Inmaculada Constitución. Facía eu COU e preparaba a primeira nova selectividade. Lía Tempo de silencio e estudaba o crack do 29. Escoitaba a Dire Straits nun disco comprado en Montalvo, Ferrol rúa real. E loitaba contra a friaxe, a xiada eterna, o chubasco de vez instalado, o vento nordés desaforado dos invernos. 
Non sei por que relaciono aquel tempo con estas cousas. Tamén con clases de guitarra nas tardes xélidas daquela vila. Arpexiar, aínda que fora só co índice, coma teclean os autodidactos mecanógrafos, era para min unha das saídas. Nos xardíns do concello, coa calor intensa dos intensos besos da amada, resistín aquel tempo ata fuxirmos dalí.
Agora trinta anos despois, neste pequeno estudo, rodeado de libros, coa calefacción encesa e unha luz cálida, escribo para ela esta íntima lembranza, non sei con que sentido. 
Pero para iso están os blogs, non é?

Nota: il Babuino ou Sileno que dá nome á rúa que desemboca en Piazza di Spagna, un dos lugares, xunto ao Pasquino (de onde pasquín), onde os romanos puñan as súas denuncias contra o goberno. 
 

5 commenti:

Mario ha detto...

En Montalvo, ghasús... que recordos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Xa ve, amigo Mario, xa ve. Ese Ferrol... Hai moitos anos que non vou por alí. A ver se este nadal...

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Tamén lle estaba Jofil, pero Montalvo era máis cutre.

xOsedorrio ha detto...

E que foi das longas xeadas? Agora xa non son tan longas, ten algo que ver a constitución?

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Non lle sei, porque vivir en Vigo trae como consecuencia o adeus ás xeadas longas. Unha ou dúas ao ano e nos cumios a onde acudo poden satisfacer esa nostalxia imposible.
Sempre quedan as vacances de nadal para lembralas unha a unha.