Caxigalines nella Reguera'l Campizu

24 marzo 2009

CESARÓN


Cesarín ía para solista de coro infantil, pero preferiu a Bob (Dylan ou Marley). Ía para licenciado en Xeografía e Historia e preferiu doutorarse nun bispo de Chaves. Preparouse para bibliotecar pero entendeu que tocar a guitarra eléctrica era moito máis entretido. Cría que coma fóra da casa, con preferencia de barras e botellíns a morro, non se estaba en ningures e tivo tempo doméstico para argallar unha historia de boxeador mil veces derrotado, con internet polo medio, co encantador Rubén de Oza dos Ríos. Ía para o traballo en Ferrol e decidiu mudar de destino e rematar en Santiago para escoitar que gañaba o III Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega
Escoiteino entre bágoas. Os que vimos doutro país ou de ningures sabemos amar esta lingua coa parsimoniosa xuntanza de letras e acordes. 
O meu irmán fala por nós (os catro) e dá as gracias.   

13 commenti:

Lándoas ha detto...

Parabéns, parabéns case infinitos.

Ana Bande ha detto...

brrrrrrrrrrrrravooooooo!...sabíao..aquela mañá deixei desatentida a cociña para subir o vouma da radio, sabía que gañarían...parabéns ao máxico duetto!

Anonimo ha detto...

Awanapeich agromenawer. Qué máis queredes que diga?

Anonimo ha detto...

Jodéronlle o anonimato por completo, señor delaHighway61. Pero o retrato faille honor. Pena de malas compañías para a escrita.

Anonimo ha detto...

E por certo, para solista de coro infantil tamén ía eu. ¡Hai que joderse coa escasa calidade daquelas organizacións de terrorismo melódico (por chamalas dalgún xeito)!

Anonimo ha detto...

Bueno. O alcumenimato xa tiña data de caducidade desde que apareceu (revisando, foi o 21 de outubro do 2006). É o que hai. De tódolos xeitos, como nunca o utilicei para ofender a ninguén (polo menos conscientemene), benvido sexa.
A foto que puxo aquí o meu irmán, xa que a bioloxía impide que saia guapo, polo menos é alegre.
As malas compañías sempre foron o meu, primo, pero ao final sempre me saídes bos. Non teño remedio.
E en canto ao solicismo coral, versión castrati, a cousa é que solista, por definición, só pode ser un. E ese fun eu. Conte vostede de que corda era, conte.

Xosé Manuel Carreira ha detto...

Que bo é poder escoitar a Radio Galega desde Madrid grazas ao internet. Moi boa historia a do boxeador derrotado.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Como aos demáis xa os saúdo habitualmente, vanme deixar que saúde ao esforzado remeiro do Retiro, o sempre querido da caixa de Mendinho.

Anonimo ha detto...

Turmano, non lle conto, cántolle: eu era solista nos pelipuntíferos certames de nadaliñas da parroquia de Santa Margarita; bueno, funo, unha vez que eu lembre, e non sei se é que a memoria me asiste borrando desgracias, se me puido o medo escénico ou se ós responsables daquel enxendro demoníaco fóra de lugar lles puido a dor de oídos, pero no me acordo de ter repetido. Véñenseme á cabeza os meus pequenos co seu habitual "arranca!" (debe dicirllo a eles a profe) antes de botarse a cantar as súas pezas (xa improvisan, para flipar) e alá vou:

Soy un pooobre paastorciitoooo
que camiiinaaaaaciaaa Belééééén
voy buscando al que ha nacido, Dios
con nooosotrooos Dylaaaan.

(Fóra da última palabra, o inicio da nadaliña é verídico, o meu solicismo tamén e a desafinación lamento non poder transmitila por estes dedos).

Deixo para outro día o meu solicismo danzarín, que tamén o tiven, "bailando gallego" para a mesma secta. Virtualmente cun dos meus bailes poden babarse, xúrollo. Por Dylan.

Verificación de palabra: dinlle.

Anonimo ha detto...

E de castrati nada. Por iso non recunquei. Vese que vostede segue co cante...

Anonimo ha detto...

Por certo, señor Carreira. Se os autores fosen minimamente educados meteríanse aquí un día para agradecerlle o amable comentario, pero ben se ve que son uns mangantes. E o mesmo lle digo á señorita Bande, que só pola boa letra que ten xa se sabe que é fermosa, intelixente e boa persoa.

Anonimo ha detto...

Perdón, primo, pero no meu primeiro comentario (o terceiro deste pos, xa parezo o Arumes en plan marxista do seguinte pos), xa din as gracias. Pero volvo darllas a todos, que o meu agradecemento é infinito: awanapeich agromenawer.

Anonimo ha detto...

Jarl!