Caxigalines nella Reguera'l Campizu
24 marzo 2009
CESARÓN
Cesarín ía para solista de coro infantil, pero preferiu a Bob (Dylan ou Marley). Ía para licenciado en Xeografía e Historia e preferiu doutorarse nun bispo de Chaves. Preparouse para bibliotecar pero entendeu que tocar a guitarra eléctrica era moito máis entretido. Cría que coma fóra da casa, con preferencia de barras e botellíns a morro, non se estaba en ningures e tivo tempo doméstico para argallar unha historia de boxeador mil veces derrotado, con internet polo medio, co encantador Rubén de Oza dos Ríos. Ía para o traballo en Ferrol e decidiu mudar de destino e rematar en Santiago para escoitar que gañaba o III Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega.
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
13 commenti:
Parabéns, parabéns case infinitos.
brrrrrrrrrrrrravooooooo!...sabíao..aquela mañá deixei desatentida a cociña para subir o vouma da radio, sabía que gañarían...parabéns ao máxico duetto!
Awanapeich agromenawer. Qué máis queredes que diga?
Jodéronlle o anonimato por completo, señor delaHighway61. Pero o retrato faille honor. Pena de malas compañías para a escrita.
E por certo, para solista de coro infantil tamén ía eu. ¡Hai que joderse coa escasa calidade daquelas organizacións de terrorismo melódico (por chamalas dalgún xeito)!
Bueno. O alcumenimato xa tiña data de caducidade desde que apareceu (revisando, foi o 21 de outubro do 2006). É o que hai. De tódolos xeitos, como nunca o utilicei para ofender a ninguén (polo menos conscientemene), benvido sexa.
A foto que puxo aquí o meu irmán, xa que a bioloxía impide que saia guapo, polo menos é alegre.
As malas compañías sempre foron o meu, primo, pero ao final sempre me saídes bos. Non teño remedio.
E en canto ao solicismo coral, versión castrati, a cousa é que solista, por definición, só pode ser un. E ese fun eu. Conte vostede de que corda era, conte.
Que bo é poder escoitar a Radio Galega desde Madrid grazas ao internet. Moi boa historia a do boxeador derrotado.
Como aos demáis xa os saúdo habitualmente, vanme deixar que saúde ao esforzado remeiro do Retiro, o sempre querido da caixa de Mendinho.
Turmano, non lle conto, cántolle: eu era solista nos pelipuntíferos certames de nadaliñas da parroquia de Santa Margarita; bueno, funo, unha vez que eu lembre, e non sei se é que a memoria me asiste borrando desgracias, se me puido o medo escénico ou se ós responsables daquel enxendro demoníaco fóra de lugar lles puido a dor de oídos, pero no me acordo de ter repetido. Véñenseme á cabeza os meus pequenos co seu habitual "arranca!" (debe dicirllo a eles a profe) antes de botarse a cantar as súas pezas (xa improvisan, para flipar) e alá vou:
Soy un pooobre paastorciitoooo
que camiiinaaaaaciaaa Belééééén
voy buscando al que ha nacido, Dios
con nooosotrooos Dylaaaan.
(Fóra da última palabra, o inicio da nadaliña é verídico, o meu solicismo tamén e a desafinación lamento non poder transmitila por estes dedos).
Deixo para outro día o meu solicismo danzarín, que tamén o tiven, "bailando gallego" para a mesma secta. Virtualmente cun dos meus bailes poden babarse, xúrollo. Por Dylan.
Verificación de palabra: dinlle.
E de castrati nada. Por iso non recunquei. Vese que vostede segue co cante...
Por certo, señor Carreira. Se os autores fosen minimamente educados meteríanse aquí un día para agradecerlle o amable comentario, pero ben se ve que son uns mangantes. E o mesmo lle digo á señorita Bande, que só pola boa letra que ten xa se sabe que é fermosa, intelixente e boa persoa.
Perdón, primo, pero no meu primeiro comentario (o terceiro deste pos, xa parezo o Arumes en plan marxista do seguinte pos), xa din as gracias. Pero volvo darllas a todos, que o meu agradecemento é infinito: awanapeich agromenawer.
Jarl!
Posta un commento