Caxigalines nella Reguera'l Campizu

2 marzo 2009

ELECCIÓNS 2011


Sería moi conveniente para as maiorías supostamente de progreso deste país que reconsiderasen os pactos municipais á luz do sucedido onte. Non estou a dicir que os rachen ou que impoñan novas normas ao respecto. Simplemente pido que deixen de formar dous equipos, con dúas parcelas independientes e con dúas formas de entender a política. Que reorganicen as súas forzas e dean unha imaxe máis clara e cohesionada á cidadanía. 
Como non me van facer caso, sería moito pedir que polo menos me aforren a lectura desas Alcaldía ou Tenencia de Alcaldía que enchen co baleiro da obviedade as rúas de Vigo?  

20 commenti:

Marcos Valcárcel López ha detto...

non lle farán caso, pero ten vostede razón ...

R.R. ha detto...

Máis lles vale ir probando.

Anonimo ha detto...

Pero vostede pensa que ese é realmente o problema?
Eu lin por aí que "perderon" (din así, inda que a min non me consta que gañaran nunca) porque o PP soupo manexar moi ben o asunto do coche e dos despachos (o "chocolate del loro", xa sabe vostede), o paseo en iate e, sobre todo, porque a prensa é moi mala malísima e apoiou ao PP nunha campaña perfectamente orquestada. O contubernio xudeo-masónico, por dicilo dun xeito claro.
Así calquera.

Marcos Andión ha detto...

Arume: más claro, agua. Como ves, no faltan explicaciones de toda índole para explicar un fracaso que se ha venido gestando desde que se formaron bigobiernos.
Ni la campaña electoral ha sido capaz de borrar de la mente de los electores que con esta esquizofrenia poco se puede avanzar. Creo que el electorado ha pasado ampliamente de los mensajes pretendidamente ideológicos para centrarse en lo que ha visto día a día.
Si fueran capaces de reflexionar adecuadamente se dejarían de insistir en que "esto es mío", "eso es tuyo"; o lo de que "en mi terreno no te metas" y otras zarandajas imposibles de esconder con arengas de campaña.
A lo largo de toda la legislatura, lo que dejaron meridianamente claro es que los dos socios del bipartito desconfían uno del otro. Y, así, no hay quien convenza a nadie de nada.
Salud, paciencia y sentidiño...

Anonimo ha detto...

No ano 1980, unha emerxente CIU precisaba do apoio doutras forzas para gobernar en Cataluña e hete aquí que a ERC de Heribert Barrera lle presta axuda cos seus 14 escanos.
1984: ERC pasa de 14 atá 4.

Recordemos o que pasou en Lugo hai uns anos co BNG.

O pez grande sempre se come o pequeno.

Os do bipartito perderon o poder por unha razón moi sinxela: defraudaron a eses electores que ora se decantan por uns ora por outros. Foron eses cincuenta o sesenta mil votos os que decidiron.

Anonimo ha detto...

Foi precisamente eso que comenta Marcel Swann o que levou a algunhas alcaldías pactar ata o máis mínimo o reparto de terreos. A primeira experiencia de pactos non gustou nada de nada (porque perderan votos nas alcaldías onde o alcalde socialista gañara as eleccións) ao BNG, que, con criterio a priori razonable, pediu maior visibilidade para rentabilizar o traballo. Desa nova perspectiva pasouse a un bigoberno (se cadra por unha vía inevitable) que, polo que se ve e se palpa, vai camiño da autodestrucción. Eu non sei, visto con certa distancia, se o roce dun tipo de coalición distinto non faría o cariño entre eles e este a procreación de novos espazos políticos máis permeables.
Pero hoxe é o meu cumpreanos e teño que ir xantar cos meus.

Anonimo ha detto...

E proveitando que o Lagares pasa por Vigo, habería que volver falar da lei electoral.
Que saibades que por gracia de D'Hont, mentres cada un dos escanos do PP en Coruña "costou" uns 24000 votos, un dos do BNG "costou" 26000. Como foron 4, uns 8000 votos perdidos, máis ou menos. En Lugo inda foi peor, xa que a diferencia foi de 13000 a 16000.
Á marxe de D'Hont, as circunscricións provinciais e o reparto de escanos entre elas fai que, con practicamente o triple de votos en Coruña que en Lugo, o PP quita só un 50% máis de escanos alí que aquí (12 fronte a 8). Por dicilo doutro xeito: o PP, con 106 mil votos en Lugo quitou 8 escanos; o BNG, con 104 mil en Coruña, 4. Iso é o que hai. Cun pouco de habilidade, e empadroando aos militantes en Monterroso, por exemplo, o BNG provocaba un terremoto electoral.
Simplemente se a circunscrición fora única para a comunidade, un simulador de cálculo dá o seguinte reparto: pp 37, psoe 24, bng 13 e upyd 1.
Pode que pareza igual, pero sería radicalmente distinto. E se aplicaramos unha lei máis proporcional, inda sería máis distinto e mellor para os partidos máis pequenos (máis xente estaría máis e mellor representada).
Digo.

Anonimo ha detto...

Perdoen que quite a calculadora de novo. O PSOE perdeu 70 mil respecto ao 2005, e o BNG 50 mil. Iso suman 12000.
O grande come ao chico: sería en Cataluña (onde CIU gobernou canto quixo), porque aquí nin o grande (PSOE) nin o chico (BNG) quitaron nada en limpo.
Para min a lectura é ben sinxela: por algunha razón PSOE e BNG (e por extensión a poboación afín e non tan afín) pensaron que gañaran as eleccións de 2005, e non foi así. Perderon. De feito, o BNG, non acadou nin a metade dos votos do PP. De feito, o BNG, gobernou (si, gobernou, e moito) sen o apoio tan sequera de un de cada cinco galegos que votaron no 2005 (18´57%). Pero repito: por algunha razón pensaron que Galicia enteira estaba con eles. Por algunha razón O Presidente e O Vicepresidente pensaron que Galicia era súa.
Pero volveron perder. O feito é que o PP só obtivo desta volta 4000 votos máis que no 2005, é dicir, sigue a ter o memo apoio que tiña daquela. Nin máis nin menos. O demais é agardar a que a aritmética permita sumar outra vez. Pero gañar? Non sei se o veremos algunha vez.

bouzafria ha detto...

Parabéns polo aniversario, a semana que ven estou eu.
Todo o que comenta sendo certo, require certas matizacións: non hai que esquecer a Carlos Glez Príncipe de vicealcalde de Vigo: daqueles pós...

Anonimo ha detto...

Evidentemente, Arume, sobre todo porque o PP é un partido moi unido, cheo de persoas desinteresadas...
Feliz aniversario, tamén.-

Anonimo ha detto...

Bouzafría: a iso me refería croquetamente. Tocando o que hai que tocar con contumacia, para desesperación de compañeiros de alcaldía e, sobre todo, de cidadáns.
A min, por se non queda suficientemente claro neste mundo de nós/eles (xa nin siquera vós), os pactos non me molestan o máis mínimo se deles pode extraer beneficio en primeiro lugar e último lugar o gobernado. Para satisfacer autolambetadas (nin siquera cheek to cheek), non.

Anonimo ha detto...

En Allariz, amigo Medela, tamén hai pactos?

Anonimo ha detto...

..e di Vde que con ese simulador quedaría:
PP: 37
PSdeG: 24
BNG: 13
UPyD 1

Foder! VADE RETRO!

Non sei que lle ve de bon a ese simulador!

Anonimo ha detto...

...e encanto ao coche de Feijoo, que sexa un Citroën Xsara Picasso sen extras!
A ver se imos empezar mal dende o principio!!!

Anonimo ha detto...

Vaia, vaia, vostede lembra o cumple de Marcos por coincidir co seu. Pensaba que era un ordenador ambulante.

Felicidades ós dous. Que cumpran moitos máis.

E nós que estemos para velo.

Anonimo ha detto...

Joder, o simulador e de pm. Metes alí os datos e xa che fai todo.
Por outra banda, eu penso que as cousas non están ben ou mal en función de que che veñan ben a ti ou non nun momento dado, senón por outras razóns, digamos, máis estables.
Coido que o feito de que no parlamento estean representados máis partidos é mellor para todos en calquera caso. O bipartidismo é noxento (e o tripartidismo por aí se vai). Que eu preferiría que a xente votara a outros partidos? Pois claro, home, pois claro. Pero é o que hai.

Anonimo ha detto...

E outra reflexión cos resultados nas mans: pídenlle a Quintana a dimisión por perder 50 mil votos e un escano.
No 2005 o BNG perdera con respecto ao 2001 25 mil votantes (un 4% en porcentaxe, o dobre que agora) e catro escanos. E todo foi felicidade. Dame por pensar que se desta volta tivera acadado 10 escanos, por exemplo, e o PSOE 28, todo seguiría sendo felicidade. E iso dame que pensar.

Anonimo ha detto...

Querido Turmano: di vostede cada cousa! Como se lle ocorre pensar iso! Pero teño entendido que na vila pontificia, o desastre foi colosal: o PP, que só ten un concellal, superou ao BNG, maioritario ata hai pouco, non si? Por que foi? Sábeo, amigo Turmano? U-los votos?

Anonimo ha detto...

Outra visión:
Os electores que apoiaron ao PP co seu voto superan aos que apoiaron ao bipartito en 8951 votos(1/4 do aforo de Riazor)
Istes aínda son datos provisionais. Serán menos tras o reconto do voto exterior.

Son os que decidiron!

E evidente que isto serve para gobernar. A democracia é así e aínda ben que nós disfrutamos dela, pero cambios radicais ( volcos) no comportamento do electorado non creo que houbera.

Non pretendo consolar a ninguén.
A min pouco me vai nisto, pero canto máis riguroxo sexa a análise mellor para todos.
Os partidos teñen un núcleo duro de electores: sempre votan o mesmo.
Os que fluctúan son moi poucos.
Nun país pequeno como Galicia case se podería seguir o seu comportamento electoral en detalle e, en consecuencia, as causas que o provocan ( conflictos locais, intereses concretos, etc.)
Quizais modificaría o tipo de campañas.
Non son moi partidario de análisis tipo: "O electorado galego non entendeu..." " Galicia voltou as costas a..."
Pero, enfín, é unha opinión.

Anonimo ha detto...

Arumes: gustaríame contestar a iso. A única razón é que o PP non presentou candidato á alcaldía (quero dicir que non presentou a ninguén con posibilidades reais). Nin tan sequera fixeron campaña. O do BNG pode ser esgotamento despois de moitos anos no poder.
Anónimo: son só 8 mil e pico. Pero é que se sumamos a tódolos votantes, teríamos que ao PP non lle votou tan sequera a metade do persoal (dos que votaron), polo que vostede podería dicir que son máis os que están en contra que a favor. Pero resulta que non é así. Ninguén votou ao bipartito. Uns votaron ao PSdG e outros ao BNG. Ao mellor se se tiveran presentado xuntos acadaban máis apoios (cada un que ría para si).
Fluctuar fluctuaron 125 mil (falo só dos tres partidos con representación). Non son tan poucos se temos en conta que o BNG a penas conseguiu o dobre deses votos.
E desde logo eu tampouco son partidario dese tipo de análisis