Caxigalines nella Reguera'l Campizu

1 marzo 2009

LONDON 6

Viaxar a Londres con cativas ten as súas desventaxes: unha delas, a de non podermos entrar nos seus marabillosos pubs, resulta insalvable. Unha pinta no Lamb & Flag, no Albert ou no Fitzrovia Tavern vale por toda unha viaxe pola Ingalaterra. As estrictas leis sobre permanencia de menores de dezaoito anos nalgunhas salas dos pubs impiden desfrutar deste pracer único. Terei que voltar de novo para embeberme máis dese país admirable. 

1 commento:

Beluka ha detto...

Eu vou en abril, xa tiña ganiñas de volver.
Tomo nota de pubs e ideas!
Nós imos tamén coa insana intención de comprar kilos e kilos de vinilos... :))
Apertas!