Caxigalines nella Reguera'l Campizu

14 ottobre 2009

REGRESO

De pequeno meu pai me regalara unha libreta de anillas pequena. Non era un agasallo en sentido estricto, senón máis ben a típica herencia dun día calquera no que meu pai probablemente decidira que o caderno non lle facía tanta falta. Estiven con el case toda a vida. Gardaba nel poemas, cancións, debuxos. 
Non era mellor ca moitos outros, pero era negro, completamente negro. Ninguén levaba un caderno tan serio, pero a min sempre me pareceu o colmo da elegancia. Que fose do meu pai, que ten unha letra inconfundible, limpa, pequena, case feita de tiraliñas, curiosa coma poucas, era a clave. Desde aquela sempre busco carpetas negras, cadernos negros, fundas negras, dossieres negros, cartolería sempre negra. 
Non sei se iso, e os amables consellos de varios amigos e, sobre todo, amigas, fixo que me decidira a voltar a este campo negro de letras brancas, case un firmamento toscano en plena noite de san lorenzo. 
O certo é que estou de novo nesta casa. Na casa onde nacín.

Soa neste regreso, ao lonxe, marcando as dez da noite, Negra sombra no carillón de Caixanova.

3 commenti:

L´Esbarzer ha detto...

Pues bienvido a tu propio blog. Yo también te seguía en el otro. En fin, cosas del directo. Incluso allí hasta te comentaban más, no?

Un saludo

Dilaida ha detto...

Pois pareceme moi ben o fondo negro do teu blog e gústame o que contas.
Bicos

Ana Bande ha detto...

pois eu estou máis cómoda tamén neste firmamento, entro aquí como noutro cuarto da miña casa e as imaxes son fiestras máis luminosas que convidan a pedir outra ronda. Abrazo!