Caxigalines nella Reguera'l Campizu

31 dicembre 2010

OS GURÚES

Necesito un/ha gurú deses/as que se estilan tanto nos blogs sobre medios de comunicación, que sempre están en calquera reunión ministerial (con dereito a roce), que saben a hostiaenverso sobre isto e sobre o que sexa que para iso son gurúes mediáticos e algúns ata profetillas, para que me explique que hai que facer con esta historieta da regulación interneteira. Recoñezo que non teño criterio formado ao respecto e que por moito que me esforzo (xuro que levo lido bastante) non teño nin a máis lixeira idea de por onde queren que vaian os tiros da negociación. O único que sei é 1) que as empresas de telecomunicacións que fornecen aos usuarios dos seus enlaces superrápidos e adeseélicos son as que levan os cartos do persoal e 2) que ninguén paga por algo que pode conseguir gratis e comodamente desde a súa casa. A partir destas constatacións, o problema revélaseme insoluble.
Podemo explicar alguén? Acéptanse axudas. Ou, polo menos, consolo.

Nessun commento: