Caxigalines nella Reguera'l Campizu

25 agosto 2011

O BERLUSCONISMO É UN FRACASO, POR GIORGIO BOCCA


Transcribo traducida unha parte do artigo de Giorgio Bocca, publicado na súa recoñecida columna de L'Espresso, L'antitaliano, o 11 de agosto de 2011, baixo o título Uomo d'affari, non di governo.

O xuízo sobre Berlusconi home político non coñece termo medio. Moitos en Italia creron na ilusión de que ía ser o home que non é, o novo rei Midas protexido pola fortuna, capaz de enriquecer mesmo aos seus inimigos. Falando deste Berlusconi máis espilido ca prudente, máis oportunista que valente, córrese o risco da ambigüidade, de compoñer un retrato que comprace aos seus defensores: "No fondo algunha cousa boa fixo". En troques, imponse aquí un xuízo severo. 
Feitas todas as contas, o berlusconismo coma governo, coma resultado dunha sociedade moderna e civil, é un fracaso. Non hai un solo aspecto da sociedade italiana que non saia empobrecido, empeorado por estes vinte anos* de democracia autoritaria. Non houbo continuación, por moitos agardada, do miragre económico: esto é, o desenrolo dun país industrial, sólido no progreso coma nos anos da reconstrucción, senon un país sempre ao borde do abismo dunha recesión, sempre suxeito a estructuras débiles, sempre exposto á anarquía e á corrupción extendida.
A tolemia extrema foi a de desencadear por motivos persoais unha loita sen cuartel e sen medida contra a maxistratura, contra a xustiza, esto é, un dos fundamentos da sociedade moderna. O erro ou o límite de Berlusconi estivo en non ser quen de conseguir na madurez unha vida diversa daquela do éxito empresarial. Non soubo separarar os intereses do país dos seus persoais; continuou facendo negocios inmobiliarios, especulacións en Bolsa, amizades internacionais; tivo a vontade teimuda de unir o útil persoal ao prestixio político. En todos os sitios onde Berlusconi interveu coma xefe do governo non deixou de ser o home de negocios que favorece aos seus amigos e obstaculiza aos seus rivais.  

*Non sei se con certa intención o columnista (de traxectoria política controvertida) pon "ventennio", coa natural evocación do termo con que se coñece historiograficamente o periodo de dictadura mussoliniana. 

1 commento:

Anonimo ha detto...

'Desenvolvemento' mellor que 'desenrolo'?