Caxigalines nella Reguera'l Campizu

27 ottobre 2007

PARA XOAN DA COBA

Leo a Xoan da Coba, un dos mellores escritores en galego do momento; leo a súa estampa dun neno abraiado diante dun cadro con fórmulas matemáticas, o desprecio dos alemáns frente ao seu perfil de emigrante suxo e a súa rabia de hoxe, cabrós, coas ecuacións de Maxwell exhibidas como triunfo incontestable. Agora mesmo, na rede atópase a mellor literatura de Galicia. Para celebralo, vou poñer ao lume uns spaghetti neri e ornalos coas mellores gambas que María, a miña pescadeira da rúa Serafín Avendaño, seleccionou das que traen desde Andalucía. Ao alliño, o aceite impregnará os fíos negros de pasta e todo será o pracer máximo. Un sábado limpo e gozoso. Tras a morte, a plena vida.

14 commenti:

Xoan da Coba ha detto...

Vaia Arume,acaba de deixarme vostede mudo...
Disfrute desos spaguettis de color.Non esqueza unha ensalada con aceto de M�dena...
E disfrute da boa tarde que seguro te�en en Vigo.En Ourense fai algo de fr�o...
A vida segue pr� diante...

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

Pois o do aceto de Modena tamén caeu, unhas pingas sobre unhas mazás con azúcar e canela para o postre. Complemento fetén. Mágoa de Barolo, pero o Rioja estivo ben. O café, Lavazza. Ottimo.

apicultor ha detto...

Eu tamén quedei conmovido por esa pequena e grande historia de Xoán da Coba, que tanto di en tan pouco espazo.

O meu xantar quizais foi moito máis frugal. Guisado de coello ao lume lento en pota francesa de ferro, coa correspondente prebe de legumes, hortalizas e aceite virxe extra, acompañado de patacas cocidas. Como bebida, cervexa negra. De postre, simplemente un iogur de froitas disque silvestres. Café non italino, senón do país: Cafés Candela, cun levísimo plis engadido de chocolate negro raiado. Non houbo, por esquecemento, ensalada desta vez.

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

Máis frugal? Mamma mia: se como eso non me movo.
Eso do chiculate negro rallado debeu ser influxo do Azul onde o botaban. É costume que aprecio, pero non practico.

apicultor ha detto...

... Inxerido en módica e contida dose, Arume. De feito, quedei cun algo de fame.

Eu adoito aromatizar levemente o café con chocolate negro raiado ou canela e vainilla en rama. A clave está en non pasarse, porque se non mátase o sabor e o aroma do café.

No Azul, se non lembro mal, daban, como noutros lugares, unha pequena tabletiña de chocolate negro, que podías, se querías, botarlla ao café quente. Pero o mellor é raialo e mesturalo co propio café na cafeteira para que a auga quente (sempre mineral, nunca do grifo) recolla e mesture senllos produtos.

marcos valcarcel ha detto...

Brindemos todos por Xoán da Coba!!!

Xoan da Coba ha detto...

Que envexa me dan vostedes,tan bós cociñeiros,i eu que non fago bén nin un par de "ovos ó espello",como dín os alemás dun par deles fritos.
Teño sorte que hoxe á noite vou invitado a unha cea,senón tanto bocadillo...

Doniña ha detto...

Sr.Arume: Sendo eu moi afecionada, sobre todo no inverno,a preparar mazás ó forno,ben recheas de azucre ,cunha piga de manteiga e unha boa regadela de licor,combinación que permite chuparse os dedos polo torradiñas e saborosas que se poñen,vexo que no seu postre de hoxe tamén incluiu vostede mazás.A miña pregunta é :Na súa receita con vinagre de Módena ,azucre e canela tamén van asadas? Nese caso deseguro hei probar.

Doniña ha detto...

Onde di "piga de manteiga" lea "miga"

Xaime ha detto...

Seña logo, vai por vostede Xoan da Coba, os últimos lostregos de polbo sanfroilaneiro, que xa nin senta ben no bandullo pola reiteración se non fora pola carne o caldeiro que lle metemos.
Mencía embotellado ruín, e postres a base de canas de crema, tellas de hoxaldre e unha pinguilla de país no cafe de pucheiro.
Noraboa Arume, ademáis de ser atinada a homenaxe, tamén dicirlle que na súa escrita vaise destapando unha vea emocional agochada.

arume dos piñeiros ha detto...

Apicultor: a lenda compostelana dicía que o secreto do azul era precisamente a dose de chiculate no café. Así tiña ese amargor característico, hoxe aínda distinguible.
Marcos: botámolo de menos hoxe, pero todo sexa polas fillas estudantes.
Xoan da Coba: só faltaría por riba que fora bó cociñeiro. Deixe algo para os demáis.
Doniña: non son asadas e fanse nun minuto nunha pota pequena tapada. Pelas as mazás en anacos grandes. Botas azúcar e canela e logo un par de dedos de auga e aceto de Modena por riba (pouco líquido). Tapas o pote e polo a quentar durante non máis de cinco minutos. O resultado pode mesturalo cun iogur ou con nata: eu prefiro o amargor do iogur co doce das mazás. Frío e quente; amargo e doce. Un postre cen/zen.
Xaime: moito agradecido das súas verbas. Procurarei sacar todas as veas do corpo.

Anonimo ha detto...

Outra lenda luguesa di que,nos seus anos dourados,o Cafe del Centro trouxera de Cuba un mestre cafeteiro que exercía o seu oficio detrás dun biombo para que ninguén poidera roubar a súa arte.
Nin os donos podían traspasar esa barreira.
Todo o mundo especulaba sobre cal sería a formula.
Tamén se falaba do chiculate.

Xoan da Coba ha detto...

Vaia.A versión luguesa da lenda da CocaCola.

Doniña ha detto...

Grache mile Sr.Arume pola súa estupenda receita.Dende aquela foron varias as veces que a puxemos en práctica, pola boa aceptación que ten na miña parroquia.Eu mestúroas con nata porque sonlle moi dulceira, pero coincido con vostede en que é un postre CEN.Graciñas.