Caxigalines nella Reguera'l Campizu

15 aprile 2008

NON PIANGERE


Berlusconi representa o contrario da ilustración. Asume por principio a soflama elemental. Fala como se emitira titulares, con voz de teletipo e inflamación marcial. Con el resulta superflua calquera adición ao exabrupto que enuncia por toda expresión. Fala sen escrúpulos; pronuncia as frases que ninguén ousa, sen asomo de vergonza algunha, mesmo entre amigos. Levanta soberbio a voz contra os inmigrantes, clandestinos, extracomunitarios: todos delincuentes. Reúne un vocerío ao seu redor de iniquidades que, por repetidas, semellan inocuas. Cada día, nos seus xornais, nas súas canles de televisión, nas súas empresas de comunicación, desfila a infamia. Esta anomalía da democracia italiana acaba de gañar as eleccións. Gracias ao rico norte, convencido de estar sendo estragado por unha Roma ladra. Gracias ao profundo sul, cunha Sicilia sempre fidel, que parece agradecer tamén esas mesmas palabras contra o sistema. Os trece millóns que votaron a Veltroni e a di Pietro terán que agardar. Eu irei velos este verán. Desde o ghetto ebraico do Cannaregio tratarei de explicalo todo mellor. Co sol cegador da lagoa véneta voltarei amar a ese país, a pesar dos pesares.
Foto de IPP, Castello de Torrechiara, Parma.

14 aprile 2008

14 DE ABRIL


Hoxe lembro que non fixen a prometida reseña dun dos meus libros de memoria preferidos: os Diarios de Manuel Azaña. Tomo ao chou de entre miles de párrafos admirables o que narra o comezo do exilio. As súas palabras, escritas nun prodixioso español, serven de homenaxe e honra á II República Española e a todos os meus familiares que viviron sempre con aquela feliz lembranza, usurpada durante tanto tempo.



Me enteré de la rendición de Barcelona por las arengas radiadas del vencedor. No le extrañe a usted. Todavía no ha habido ningún Gobierno que me haya comunicado la rendición de Málaga. ¡Hacía más de una semana que el jefe del Gobierno no me visitaba! Y en la mañana del sábado, 28, algún ministro ponía en duda la pérdida de Barcelona. Ventajas del optimismo, que acorta, por el comienzo, la duración de las pesadumbres. La fuga había empezado. Las autoridades francesas hicieron repasar la frontera a doce o trece mila soldados, con los que el mando militar quería reorganizar unos batallones para tapar los boquetes abiertos en el frente. Figúrese usted su utilidad. Estando ya los facciosos en Arenys y Granollers, las desbandada cobró una magnitud inmensurable. Una muchedumbre enloquecida atascó las carreteras y los caminos, se desparramó por los atajos, en busca de la frontera. Paisanos y soldados,
mujeres y viejos, funcionarios, jefes y oficiales, diputados, y personas particulares, en toda suerte de vehículos: camiones, coches ligeros, carritos tirados por mulas, portando los ajuares más humildes y hasta piezas de artillería motorizadas, cortaban una inmensa mesa a pie, agolpándose todos contra la cadena fronteriza de la Junquera. El tapón humano se alargaba quince kilómetros por la carretera. Desesperación de no poder pasar, pánico, saqueos, y un temporal deshecho. Algunas mujeres malparieron en las cunetas. Algunos niños perecieron de frío o pisoteados. Un funcionario de la Presidencia, que volvía de Francia, pasó diecisiete horas dentro de su automóvil, preso en el atasco. Se tardó dos o tres días en restablecer la
circulación. Las gentes quedaron acampadas al raso, y sin comer, en espera de que Francia abriera la puerta. Dejaban pasar a muy pocos, no sé ya cuál día se logró que ampliaran el permiso hasta unos miles de personas. Aún no había llegado a la raya el alud de los combatientes. El 15 de enero quedaban en línea y encuadrados setenta y ocho mil hombres. Según los datos oficiales, han pasado la frontera 220 mil soldados de todas las armas. Estas cifras le permitirán a usted formarse idea de la magnitud del desastre.


Carta a Ángel Ossorio, 28 de junio de 1939. Francia.

Roubo a Azaña esa frase extraordinaria: "O optimismo acorta, por el comienzo, la duración de las penalidades".

13 aprile 2008

ELECCIÓNS XA


En agosto o goberno bipartito cumprirá tres anos. Leva esgotada, logo, unha parte principal da lexislatura. Escóitanse xa os primeiros avances da campaña electoral, entre dúbidas sobre adiantos técnicos. Hai dúas semáns, en visita adiada polas eleccións, o propio Rajoy anunciaba intensidade e esforzos redobrados para conseguir a maioría. O BNG, por boca de Quintana, rexeitaba oír falar de eleccións. E Touriño, co silencio, postergaba a decisión.

Eu vou ser moi claro: hai que adiantar as eleccións ao outono. Por dúas razóns principais. Unha, xa declarada, pola miña percepción de que os principais desafíos desta lexislatura están cumpridos. Á marxe da nosa valoración dos mesmos. Aqueles que non o están, son suficientemente complexos e difíciles como para non poder afrontalos no tempo que queda. Entre outros, a cuestión lingüística, motivo de enfrentamento moi notable, mesmo entre os socios de goberno, ou a cuestión de vivenda (o plano Habitat e as liortas entre o Fegamp e a consellería de Táboas) e ordenamento do territorio, que precisan dunha maior estabilidade gubernamental, sexa ou non bipartito o novo goberno. A nova situación económica precisa, ao meu xuízo, dunha nova situación política que clarifique posicións. En todo caso, as continuas disensións no seno do goberno están a afectar á gobernabilidade e, polo tanto, á conformación dunha nova política para Galicia. Non basta con distanciarse do modelo fraguista, que parece a arela fundamental do presidente, senón artellar novas fórmulas de gobernación, arestora difíciles de levar adiante por mor dunha excesiva distinción entre os dous socios de goberno. Non abonda con falar de lealtade, senón dunha maior coordinación, dunhas maiores ensamblaxe e cohesión. A separación tallante amosada en todos os niveis da administración ensombrece a decisiva transformación de Galicia.

En segundo lugar, por unha razón ben egoísta e máis sinxela: non sei se darei aturado unha nova campaña electoral desde este mesmo momento. Aforrenos meses de debate e vaiamos ás eleccións xa.


[Foto extraordinaria de Hugo Arias, Mans de Celestino Pastor]

11 aprile 2008

SI PUÒ FARE


La bella Italia vai ás urnas esta fin de semana. En litixio, o desempate. Máis ca hexemonía dun país profundamente dividido. Berlusconi ofrécese no Polo das Libertades xunto aos seus alaídes complementarios: pola banda centralizadora e republicana, il Fini, de Alleanza Nazionale, o grupo derivado do movemento misino, descendente á súa vez do partido fascista e agora aggiornato nun partido de dereita pura coa imaxe sempre repulidísima do seu líder; pola banda descentralizadora, o secesionista Bossi, a quen Berlusconi prohibiu durante a campaña baixar máis aló do fiume Po e que reclama as armas no caso de derrota nas urnas, teima que levamos escoitando desde hai máis dun ano, moi pouco despois de que saíra dunha parálise cerebral que o mantiña alonxado da acción política. En torno ao líder septuaxenario (con acenos, suliñados polos xornais, mussolinianos), estes dous compañeiros de viaxe, tan contrapostos como afíns na súa desmedida ambición política, aspiran a recobrar o poder perdido durante estes tres anos de breve goberno de Prodi.

No lado esquerdo, emerxe a figura do actual alcalde de Roma, secretario xeral do novo Partito Democratico, elixido tras unha longa campaña de construcción interna dun partido aglutinador da esquerda moderada. Non é exactamente a Unione que deu vía a Prodi, pero aproveita a súa cerna. Cunha ousada novidade ou cun risco calculado, segundo se mire: a de concorrer ás eleccións sen alianzas con outros partidos da esquerda máis radical.

As enquisas dan un empate, lixeiramente inclinado cara a Berlusconi, despois de comezar o proceso, desde a demisión de Prodi, cunha diferencia moito máis notable para il Cavaliere.

A esquerda confía que, na recta final, a xuventude, sobre todo, pero tamén o país máis canso coa situación actual outorgue a unha fórmula máis homoxénea cas anteriores, como é o caso de Veltroni, o necesario voto para cambiar o país. Aínda que Veltroni non suscite un entusiasmo unánime, a esquerda plantexa a consulta como unha nova páxina, unha especie de non ritorno dunha casta política que avergonza ao país.

Pero non está nada claro e todo apunta a que, de novo, coa mesma estéril estructura electoral, Italia pase outros anos non sen goberno (xa pasou por estas e medraba o país), senón sen rumbo nen forza social que dinamice o que ven sendo, por riba de todo, o país máis fermoso do mundo.

[Na foto, o café Sant Eustachio, o paraíso]

10 aprile 2008

GLAMUR NA LAXE

Non podía fallar ao acto cultural principal deste ano: a inauguración da nova tenda de Adolfo Domínguez no polémico centro comercial de a laxe. Unha tenda soberbia, de máis de 1500 metros cadrados, a máis grande do mundo coñecido, a carón do mar, con roupa para todos os públicos, con cartiños no peto, e cunha cafeta que mira ao peirao de Vigo e aos tinglados de cordas e redes. Puxeron viño e cava para beber, pero esqueceron poñer pinchos coa prontitude necesaria para non collermos un coloque antes de nada. E así foi como cando se presentou o mesmísimo Adolfo diante das miñas narices fun capaz de darlle a noraboa e loubarlle o gusto. Faltoume un tris ou unha copa máis para reclamarlle máis manduca e unha cazadora para o verán. Pero cando me din conta xa estaba eu fóra buscando onde cear. O ambiente da inauguración, glamuroso e cursi a partes iguais e misturadas, convidaba á envexa e á fuxida segundo miraras. Gunillas arroutadas e melifluas versaces chuchaban rolliños de primavera xunto a armanis de vainilla e xulianmuñoces de plastilina.
Menos mal que nos quedaban as chistorras do Lizarrán, que se non a arcadia adolfista remataría por aniquilarnos.

9 aprile 2008

BARES DE VIGO: FILIPO

Filipas? é a nosa consigna eseemeésica. Iso pretende averiguar se hai tertulia pola mañán cedo no Filipo, a nosa cafetería de primeira hora. Atendida por unha rapaza habaneira e por un arxentino do Boca, ofrece uns churros artesanais (un dicir: fanos eles e punto) para acompañaren o grolo diario de cafeína en vea. Ten unha decoración levemente cool, co sucedáneo de wengé en mesas e chan e unhas cadeiras de cores pops. Ten dúas pantallas televisivas, coa música ben baixiña. Está sempre cheo polas mañáns: os homes e, sobre todo, mulleres das oficinas próximas brequean a morning para tomar alí o(s) seu(s) pitilliño(s). Os da Radio Nacional tamén veñen por alí e comentan as novidades. Poñemos a lingua a pacer e laretamos sobre o humano (o infrahumano por riba de todo, aínda que pareza unha contradicción) e sobre o divino, esto último sempre coa inevitable pulsión pornográfica que non ven ao caso.
En fin, que quentamos motores. Ou sexa: Filipamos.

7 aprile 2008

ROSALÍA BLUES

Quixo o amigo AA agasallarme e non puido facelo millor que entregándome en man Rosalía 21, unha primorosa obra de arte (o deseño de cuberta e precioso: mágoa dun formato maior) que mistura Romanticismo (coas letras maiúsculas) e ritmo lento e limpo de jazz. Veño de escoitalo durante esta fin de semana: por veces, encollido pola envergadura cálida e diáfana da voz de Guadi Galego en A xustiza pola man; por veces, aledado pola voz cantareira e repoluda dun anxo angueirado por rosalías na súa clásica Miña santiña; e sempre aloumiñado polo fraseo elegante do piano de Abe Rábade, sobre todo, nos arranxos bellísimos de Negra sombra. Sorprende, con todo, comprobarmos a musicalidade do prólogo combativo de Cantares gallegos na gorxa grave de AA. E, xaora, a perfecta fusión de versos decimonónicos e melodías en fuga jazzística: os blues, en fin, que escribiu Rosalía.