Caxigalines nella Reguera'l Campizu

11 giugno 2007

EULOXIO, O ALCALDE SOCIALISTA DE RUEDA

Eulogio de Vega, alcalde socialista de Rueda (Valladolid) durante a República, estivo oculto na súa propia casa 28 anos, desde o comezo da guerra ata outubro de 1964. A súa historia ocupa un lugar eminente no extraordinario libro de Manuel Leguineche e Jesús Torbado titulado Los topos, no que se contan as tristes vidas daquelas persoas condeadas a permancer agochados durante anos. A historia de Eulogio e da súa muller Julia está posta nas voces deles mesmos. Destacan no seu relato a descripción do ambiente sindical dos anos da república, a fascinación e devoción de Euloxio polos libros e nomeadamente polo Quijote, que di coñecer case de memoria, e a fidelidade milimétrica con que narra os instantes da súa fuxida e as sensacións do seu carcere na mesma casa. O diálogo interrogatorio entre os policías e Euloxio o día do seu apresamento é quizáis unha das partes máis emotivas (entre tantas outras):

"-La vida de usted es una vida muy humana. Cuéntenos todo. ¿No salió jamás de casa?
-Salí una vez en el carro, al "4 de marzo". Como en el Quijote, lo que me interesaba, más que ver era no ser viston.
-¿Usted ha leído el Quijote?
-Sí.
-Ya se ve -añadió el comisario.
Entonces, un policía, que se apellidaba Paniagua, dice:
-Es muy humano, pero ¿es muy creyente?
-No, señor.
-Vaya hombre, nos lo ha estropeado usted. Sepa que teníamos el propósito de exhibirle como ejemplo, pero como usted comprenderá no vamos ahora a presentar a la población un ejemplo humano y que ustede resulte que es ateo. ¿Cómo no cree usted, hombre? ¿Usted no cree que arriba hay algo?
-Sí, contesté, arriba hay los astros y el cosmos, pero un dios propiamente dicho creo que no lo hay. Hay, eso sí, la naturaleza, que es muy superior a nosotros, pero nada más."

Cando os meus pais foron de lúa de mel a Valladolid, a finais dos cincuenta, pararon na súa casa. Para evitarlles problemas, non saiu saúdalos. Eles sabían que estaba alí: os movementos da muller e das fillas falaban en silencio da súa presencia. Hoxe lembro eu ao topo de Rueda, socialista de Pablo Iglesias, que ao final do seu relato, tal vez influido por escoitar todas as noites a BBC, afirmaba:

"Esa es mi vida. Mis ideas políticas apenas han cambiado. Lo que yo desearía para España es un socialismo moderado, un socialismo modelo europeo, por ejemplo, como el de los laboristas ingleses".

1 commento:

Son Unha Xoaniña ha detto...

Impresionante o de Euloxio de Vega, codo que hai algúns máis que ficaron na súas casas ocultos unha morea de anos.
E inda lle preguntan se cre en dios, ten c. a cousa.
saúdos.