Caxigalines nella Reguera'l Campizu

26 giugno 2007

REVISTA DE PRENSA


1. Parece ser que en París e en San Francisco van prohibir as bolsas de plástico para as tendas. En Viena non hai bolsas nos supermercados: a xente leva a bolsa da casa. Será posible aquí algunha vez?

2. AI denuncia a uns cen países por prácticas de tortura, entre eles España. No caso español, porque algunhas das normas de prisión, promovidas e xustificadas pola política antiterrorista tanto do goberno anterior coma deste que non as modificou, debilitan o dereito de habeas corpus.

3. No Líbano, as tropas españolas, baixo mandato da ONU e baixo mando militar italián, acaban de sufrir un atentado ao parecer dunha facción de Al Qaeda. Pode interpretarse como acción militar pura e dura ao entendermos o caso como unha guerra aberta. E pode interpretarse como resultado da actuación das tropas españolas nunha situación conflictiva. En ambos casos, o continxente (que quererá dicir?) español, e supoño que a opinión pública, sabe moi ben que na zona hai un ambiente bélico e que as mortes poden ser desgraciadamente inevitables. O nível de seguridade, ao parecer, non era o máis axeitado, pero eso probablemente non lles libraría de seren atacados. Son necesarias, pois, todo tipo de explicacións no Parlamento e, probablemente, de debate sobre o papel das tropas no Líbano, sen descartarmos, como en moitos outros casos, as responsabilidades políticas que se deriven de erros gravísimos, pero o que é verdadeiramente deleznable é o sempre recorrido circular dos abutres (agora pacifistas) sobre o sangue duns desgraciados militares que os diarios (non escoito a radio, por prescripción médica) da dereita e o seu líder (polo de agora) don Mariano realizan estes días.

6 commenti:

De la Highway 61 ha detto...

1. Gustaríame que así fora. Sempre fomos á compra con bolsas de casa (unha de redecilla que tiña miña nai está na miña cabeza) e non pasaba nada. Rollo de novoricos. Xa se nos pasará.
2. A loita antiterrorista é o que ten. Un terrorista é un tipo que loita ou axuda a loitar contra un sistema legalmente establecido. Todos os sistemas están legalmente establecidos desde o punto de vista do propio sistema e, por suposto, ilegalmente desde o do terrorista/loitador pola libertade. Dis que un tipo é terrorista ou achegado e deixalo sen dereitos. O terrorista di que é un preso político e entón o mesmo feito convírtese nun atentado contra os dereitos humanos. Pasa até en Cuba.
3. É a guerra. Chámase así a un estado no que a xente vai con armas e mátanse uns a outros. Logo a linguaxe trata de crear outra realidade (véxase tamén o punto dous). Pero a realidade é moi teimuda. Seis tipos e seis familias ao puto carallo.

occam ha detto...

concordo con Chiquito en todo.
Pero, ainda que non sexa o mais sobranceiro dos tres, eu gostaría de quedar a comentar o punto 1, porque seméllame que toca un tema que vai ser dentro duns anos o que máis vai condicionar o noso modo de vida. Dende logo máis co terrorismo ou a tortura.

Trátase do desenvolvemento sostible. O xeito de consumir que levamos en occidente é suicida e temos que mudalo. Xa se albiscan algunhas campañas publicitarias, pero cambios socias que implican costumes tan arraigados como os modos en que estamos a consumir auga e enerxía, por exemplo, non son sinxelos e levan tempo.

Lula Fortune ha detto...

"¿No os avergüenza concentrar todos vuestros afanes en acumular riquezas, sin un pensamiento para la verdad y la comprensión, y el perfeccionamiento de vuestra alma?"
PLATÓN

occam ha detto...

no

De la Highway 61 ha detto...

Meu dylan, Occam: non somos almas xemelgas?

occam ha detto...

comenzo a sospeitalo, Chiquito...