Caxigalines nella Reguera'l Campizu

14 giugno 2007

CHEIRA A VERÁN MALIA A FUCKING RAIN

Hoxe sacáronme os puntos. Díxenlle adeus ao cordello. Agora non o podo poñer ao sol. Eu non son moi praieiro e agora co esparadrapo menos. Hei percurar unhas rochas inhóspitas, un mar de augas mornas e un ceo azul, azul. A unha semán escasa do verán, a boa nova é que vou ir a Sardegna, á casa duns amigos sardos que non coñezo e que virán á miña casa. Pero iso será en agosto: mentres, miro nunha guía recén comprada a cor turquesa daqueles mares.

6 commenti:

a.p.-c. ha detto...

Qué ben que lle sacaran xa os puntos. Pero téñanos moito coidado e, de momento, non faga esforzos. As cañas poden esperar.

occam ha detto...

teña coidado que os isleños sonche xente brava

R.R. ha detto...

¡Non para! Alégrome de que vaia mellor e espero que o pase ben por aló.

Zerovacas ha detto...

As illas do Mediterráneo teñen todas un grande encanto. E en concreto téñenme falado moi ben de Sardeña. Páseo vostede ben, que eu aínda non sei sequera se teño vacacións (aínda que unha escapadiña é obrigada)

De la Highway 61 ha detto...

Fucking rain que me cago en su pm. Acabo de ir inflar unha roda e chovía que parecía auganeve, mecagoentodo xa. Os mellores días do ano, os máis longos e... quero balsfemaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaar. Joder.

besbellinha ha detto...

alédome pois da súa recuperación e xa me fixo pensar a ver que destino escollemos para agosto que tamén tocan vacacións, por certo ao final non puiden ir ao dos churros en Madrid que foi unha finde totalmente distinta a como eu a tiña pensado pero non por iso menos agradable. Saúdos.