Caxigalines nella Reguera'l Campizu

8 giugno 2007

ROMEIROS

O amigo EB anuncia a súa viaxe próxima a Roma. Vai coa familia, tipo romeiro desde Compostela, a finais de Xuño. EB é pintor. Pero nunca tivo a oportunidade de viaxar a ese meu país e menos á capital, a urbe do orbe.

A casualidade quixo que hai dúas semáns atrás falara con outro pintor, DM, que tivera o inigualable privilexio de disfrutar dunha bolsa anual na Academia de España no Gianicolo, en san Pietro in Montorio, nun dos lugares máis fermosos do mundo, desde onde se alcanza a vista, eso sí, máis impresionante de Roma. Contabame DM que polas noites, cando se aveciñaba o verán, subía o colchón á terraza da Academia para disfrutar daquela brisa quente do Tíber e ver iluminadas as termas en ruinas de Caracalla ou a igrexa fulgurante da Trinità dei Monti. Case de memoria lembraba os tellados, as cúpulas, as verdes terrazas cheas de plantas que ornan Roma por todo o alto dos seus edificios. Cando rematou, esbozou un sutil suspiro por onde eu puiden contemplar toda aquela Roma que cabía nos seus recordos.

O meu amigo EB estará alí só unha semán. Estou seguro de que poderei eu ver o río, o Trastevere ou a vía Margutta cos seus ollos. Agardo que vaia e conte. En realidade, viaxarei eu con el cada minuto. E tomarei con el os xiados no Giolitti e un café único en sant Eustachio. De feito, eu xa estou alí.

Nessun commento: