Un par de reparacións (sen botox nen siliconas) puxo paréntese no blog. Agora escribo mentres convalezo, co portátil sobre os xionllos. Na rúa vai un calor case de verán e escoito polas fiestras as risas e berros dos nenos. Teño a fortuna (outros pensarán en infortunio) de que a miña casa dá a un patio dun colexio. Este meu blog tamén dá con moitos outros patios de colexio que me proporcionan a necesaria emoción que contaxia. Gracias, moitas gracias.
13 commenti:
Goce do tempo e o aperitivo, isto se as condicións da convalecencia o autorizan. Vigo debe arrecender a verán. Eu vento Nigrán no panorama.
Vivan os patios dos colexios!! Benvido, querido amigo. E non se queixen que nas Aurias andamos nos 34 graos, anticipa inevitable e letal do verán ourensán...
Eu vivín perto dun colexio hai anos e era unha sensación moi fermosa escoitar os berros dos nenos durante os recreos, todos os días á mesma hora.
A min pasoume tamén o de vivir a carón dun patio de colexio en COmpostela; e molaba aínda que o colexio fose súperpijo: os nenos berraban o mesmo...
Deséxolle de todo corazón que se recupere pronto, señor Arumes.
Seica todos temos casa que da a un colexio? Porque, señores, eu tamén. Terá que ver co bun inmobiliario e o precio dos pisos que dan cara o mar? xa que de todos é sabido que os peixes non falan nin fan barullo.
Querido Arume, teña coidado con esa posición do portátil, xa que as emisións das redes sen fios tan perto -poida que en contacto- de zoas tan sensibles din que teñen efectos indesexables, quero decir, que che quitan o desexo.
ánimo
Eu vivo ao carón dunha igrexa... Presta escoitar os berros das vellas á saída, esa ledicia, ese rebumbio, ese bulicio, esas monxas... (por certo, ónde compran os zapatos as monxas?)
E ola, Arumes!
Xa me parecía a min que algo debía pasar para que non se prodigase. Cóidese e recupérese ben! :)
Amigo de la H61, e logo vostede non sabe que as monxas non gastan zapatos?: levitan a un palmo do chan.
O parecer é porque, en comparanza cos demáis mortais, están máis atraidas polo ceo que pola gravidade
Virgin Mary! Amigo Occam, xa tarda en escribir un pos sobre a capacidade levitatoria das monxas.
Ben achado, señor Arumes. Xa faltaba.
Que se recupere pronto e ben, amigo Arume, sempre novo. Que as terrazas están xa a rebordar e sen vostede non son o mesmo.
Apertas.
Eu tamén estou "out" estes días, espero que pronto esteamos todos recuperados para volver ás regueifas blogueiras, estamos un pouco murchos ¡arriba o dos Piñeiros que pronto temos que tomar un caldiño coa Loló!
Póñase bo se é que está mal e o meu primeiro ano na Coruña tamén foi ao lado dun colexio...aledaba moito, a verdade. Moitas apertas :)
Posta un commento