Saín, por primeira vez en tres semás, de Vigo. Eliximos san Vicente, na península do Grove (Ogrobe seica é o topónimo correcto). Despois de xantar no Pirata (navallas e peixe), celebramos que as fendas fechan cun paseo polo vieiro taboado cara o final da terra, xusto onde a canción comeza a escoitarse. Tempo de verán británico, pero a morna friaxe facíase incendio co calor dos seus brazos. Ay, Sálvora!
5 commenti:
Se o "verán celta" tamén ten o seu encanto aínda que encha un pouco ás veces. Non estiven aínda en Sálvora, pero ten un deses nomes que namoran.
PD: e gracias por avisarme da reseña do Faro, é unha sorte que se lembren de un.
Pois eu prefiro os abafantes veraos da Toscana.Por enriba dos 30 graos, falamos.Moi suxerente a foto.
Ogrobe, teño moitas ganas de volver aí, a ver se toca este verán que, en parte, agradezo que non estea sendo demasiado caluroso aínda.
Xa virá a calor, din, e xa acabaremos farta dela.
Posta un commento