Caxigalines nella Reguera'l Campizu

15 giugno 2007

FERLOSIO, LÚCIDO E INSOBORNABLE OU A CARGA DO INTELECTUAL

Días atrás saiu en primeira plana de EL PAÍS unha entrevista con Rafael Sánchez Ferlosio, escritor durante anos do diario independiente e outros da terceira do ABC. A carón do seu nome case sempre figuran os adxectivos lúcido e insobornable, e cousas sempre polo estilo, cun marcado sesgo tópico. "Mestre da linguaxe e da argumentación", "imbatible na diatriba xornalística", "erudito e experto a partes iguais en case todo", intelectual, en fin, a proba de todo. Tivenlle resquemor inxusto por mor da súa novela El jarama, que lin á idades inoportunas. Tivenlle aprecio pola relectura de El jarama, en idades idóneas. E, por ise aprecio, comencei a lerlle as súas colaboracións, cunha innegable reverencia, que pouco a pouco deu paso á incredulidade, logo á indiferencia e despois de non máis de cinco artigos á irritación. Nunca comprendín que lle poden ver a RSF? Preguntei a amigos, como quen padece unha enfermidade que descoñece, se era o único a quen lle pasaba o mesmo. O máis caritativo poñíase do meu lado cun levantamento de ombreiros comprensivo, pero pouco máis. No entorno académico, sempre o mesmo: lúcido, insobornable. Os últimos artigos (sempre lle dou unha oportunidade) deben de ser os máis lúcidos e insobornables, pero non sei de que poden ir porque non paso das primeiras liñas. O seu proverbial dominio da sintaxe castelá, que ramifica e ramifica en periodos interminables (fiel á mesma escola que aquel insoportable Benet: síntoo Marías), faime deixalo na primeira subordinación. Os temas que trata, entre o dereito canónico e a industria armamentística, e o seu estilo pretendidamente socrático e siloxístico, ou sexa medieval, consiguen que levante o caderniño do xornal e pase directamente a ler as crónicas do calcio de Enric González, moito mellor escritas.
A última vez que estiven en Madrid, vimolo entrar no café Gijón, con ese mesmo descuido indumentario con que aparece nas fotos. Parecía atribulado: entrou e saiu varias veces, como se buscara algo ou alguén. Quen o coñece afirma que non ten moi bó carácter; máis ben sempre está malhumorado. Pode ser a idade ou a molestia de encarnar sempre o tipo do intelectual lúcido e insobornable. Iso quero crer, porque a mín Ferlosio, pola contra, faiseme un pouco pelma e un chisco insoportable.

2 commenti:

a.p.-c. ha detto...

Concordo: pelma e un chisco insoportable.

Evidencia ha detto...

Díxolle a sartén o cazo : " Non me toques que me luxas"