Caxigalines nella Reguera'l Campizu

13 giugno 2007

DYLANIANU

Unhas cantas botellas de sidra no teu honor, amigo Bob. Alí estaremos.
Noraboa, Chiquito de la Highway, R. R., A.P.-C., Mario, Brétemas, e para todos aqueles dylaníacos que andamos polo mundo a ritmo de rolling stone.

12 commenti:

Anonimo ha detto...

Estou contento polo premio concedido, xa era hora, e felicito a todos os dylanitas que no mundo hai.

Lembremos agora aquela canción de Donovan que, entre outras cousas, dicía: "Dylan is Dylan".


(E aproveitando a ocasión: qué, cómo vai a cousa, amigo Arume, para cando unhas cañas?)

Anonimo ha detto...

How many roads must a man walk down / before you call him a man. / Yes 'n how many seas must a white dove sail / before she sleeps in the sand.

Coido que é un premio bonito (Woody Allen lle contará), que será con seguridade a antesala do Nobel. É posible que non veña recollelo, se é que está por algún pobo perdido do Medio Oeste tocando, eu que sei, Workingman Blues #2 (non recolleu o Oscar, andaba por Australia se mal non lembro). Nós tamén o preferimos así, cantando. Pero iso non significa que non o aprecie.
Dixo nunha ocasión que hai moitos anos tomara a decisión de aceptar todos os premios (igual que todos os concertos que lle ofreceran, foran onde foran) en honra de todos aqueles músicos que non recibiran nin recibirán nunca un. Pensaba en Guthrie, como non, pero tamén en todos eses minstrels que percorrían as poerentas estradas cantando cancións mil veces cantadas. Son esas cancións que Dylan roubou, adoptou, adaptou e fixou para sempre no seu cancioneiro, esas polas que recibirá o premio.
Grande Dylan, que segues polas estradas e navegando os mares sen atopar praia na que durmir.
Nós seguimos aquí, agardando.

Anonimo ha detto...

Para o finde pode cair algunha, na honra do máis grande, pero andamos recelosos: o chan non é moi firme.
Por certo, cal era a pregunta técnica: de ser discreta, escriba a cconcheiros@hotmail.com.

Anonimo ha detto...

Celebro que a cosa vaia indo.

Non, a pregunta non necesita discreción, agás que me fai quedar coma un ignorante supino. Pero é que a miña filla de dez anos preguntoume cando apareceron en castelán os tempos verbais compostos, e, como non teño nin papa de lingüística histórica nin de lingüísitica en xeral, non souben que contestarlle. Pero díxenlle que lle ía consultar a un experto, e quedei coma deus.

Anonimo ha detto...

Con licencia de Dylan e desculpas por non ter a man instrumentos máis finos de erudición, creo recordar dos meus tempos gloriosos de Mazarelos que xa no latín vulgar (ou falado) existía esa opción analítica. As linguas romances, que son proclives ás formas analíticas tras a perda progresiva das desinencias, incorporaron con desigual intensidade esa forma composta do verbo. Pasa, por exemplo, no futuro e no condicional en español, que parecen formas sintéticas, e, sen embargo, proceden tamén dunha construcción composta: "comer he", que en galego, xantar hei, curiosamente parece recuperarse ao menos na escrita.
En castelán hai formas compostas desde os inicios mesmos da lingua; polo tanto debeu de producirse esa incorporación moito antes, xa no latín que falaban nesa zona norte da península, onde din que comezou o novo romance.
Cando teña máis información (estou na casa) dareilla con sumo gusto. Pido desculpas por este paréntese técnico.

Anonimo ha detto...

Interesantísimo paréntese, por outra banda. Xa sabemos todos algo máis.

Anonimo ha detto...

Explicación máis que suficiente, amigo Arume. Grazas de parte da miña nena, que é tan rula como as súas.

R.R. ha detto...

Noraboas para o Príncipe de Asturias en persoa, que vai poder darlle a man a Bob. Propoño unha excusión a Uvieu cargados de vinilos de Dylan e bandeiras republicanas.

Agora é o momento de reclamar a berros que esa exposición sobre Dylan veña a Galicia.

Deséxolle saúde e cervexas en breve prazo, señor Arumes.

Nuca ha detto...

Chiquito, é vostede un visionario. Imaxino que a influencia intelectual do seu blog no xurí do príncipe de asturias tería algo que ver no premio

Anonimo ha detto...

Por desgraza a miña influencia fóra dos amigos que a aceptan de bo grao (observese que despois de amigos non poño coma, que cambiaría o asunto) é nula. Se non esa puta exposición, que hai que ser burros, joder, mira que oportunidade para os politicuchos de merda de saír nos papeis en grande a dobre páxina, que inda han preferir (xa aprendín algo do comentario de Arumes) saír nas esquelas, burros, máis ca burros.
Por certo, r. r., o príncipe ese quen carallo é?

Mario ha detto...

Eu moita campaña non fixen por este premio, pero en fin, que se pague unha ronda nalgún garito.

R.R. ha detto...

Creo que foi alcalde de Vigo, mestre dlH61. Pero tampouco trouxo a exposición; no seu favor diremos que aínda non existía, pero para iso están os alcaldes, ¿non?, para facer milagros...