Caxigalines nella Reguera'l Campizu

23 giugno 2007

ORGULLO E LEDICIA

Onte fun ao acto de gradación das miñas alumnas (sic). Poucas (10), pero XASP, Xoves Abraiantes e Sobradamente Preparadas. Moitas delas teñen estudios musicais (piano, clarinete, frauta traveseira). Outras compaxinan os estudos con traballos escasamente remunerados (caixeira no Haley, dependenta no Pull and Bear ou nunha tenda de complementos no Calvario, camareira nun bar da Praza da Constitución). Unha delas é cantante dun grupo de Death Metal e outra coñece ao pé da letra os ultimísimos grupos da noite viguesa. A mesma que traballa de camareira pasou un ano enteiro en Inglaterra de Erasmus e outra, que antes rematara a carreira de Xornalismo e fixera estudos de doutoramenteo, pasou outro ano en Roma. Unha alumna, nai de dous fillos, tamén acudiu á cea, así coma outra que non rematou a carreira pero mantiña con elas unha relación sentimental da que non puido este derradeiro día escapar. Faltou outra, compañeira delas, que acabara de forma meteórica o ano pasado, tras pasar tamén un ano enteiro erasmusián en Italia. Podería continuar contando, pero só quero deixar constancia de que son todas elas ben espelidas, listas para construiren o que sexa na Galicia do futuro máis inmediato, de mañán mesmo. Agardemos que a propia Galicia sexa boa e xenerosa con elas. Onte á tarde noite, coa ollada emocionada das súas familias, lexítimo orgullo. Noraboa.

7 commenti:

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

Unha delas informoume da presencia do CUVI e do Vitrasa na Frikipedia. E aquí están.

Lula Fortune ha detto...

Realmente xenial a entrada de Vitrasa!!!!!!. Inxeniosa e con sentido de humor.Eu creo que todos levamos un friki dentro so que algúns gastan moitas enerxias en disimularlo.

Zerovacas ha detto...

é de agradecer comprobar que hai profesores que coñecen os seus alumnos.
Ah, xa me foron transmitidos os teus saúdos

marcos valcarcel ha detto...

Algo bo ha de saír no futuro, ben seguro, desta xeración de xoves preparados e europeos. Só hai que darlles a oportunidade.
(Saúdos de Anxo Angueira: vexo que tamén temos amigos comúns)

torredebabel ha detto...

O soldo non compensa (cando menos aquí). As horas dedicadas á preparación das clases, ao estudo, á planificación, á avaliación, e moitos etc. O pouco compromiso de moitos dos alumnos e das alumnas. E con todo, hai algo polo que ainda así é gratificante e valioso traballar nun instituto ou nunha universidade.

besbellinha ha detto...

que haxa unha boa relación entre profesores e, neste caso, alumnas e que as coñeza tan ben di moito dese profesor e o mérito de que vaian tan ben formadas tamén é teu, con razón tes que estar orgulloso.

Unknown ha detto...

網頁設計 網路行銷 關鍵字廣告 關鍵字行銷 餐飲設備 製冰機 洗碗機 咖啡機 冷凍冷藏冰箱 蒸烤箱 關島婚禮 巴里島機票 彈簧床 床墊 獨立筒床墊 乳膠床墊 床墊工廠 情趣用品 情趣用品 腳臭 長灘島 長灘島旅遊 ssd固態硬碟 外接式硬碟 記憶體 SD記憶卡 隨身碟 SD記憶卡 婚禮顧問 婚禮顧問 水晶 花蓮民宿 血糖機 血壓計 洗鼻器 熱敷墊 體脂計 化痰機 氧氣製造機 氣墊床 電動病床 ソリッドステートドライブ USB フラッシュドライブ SD シリーズ