Caxigalines nella Reguera'l Campizu

17 settembre 2007

COMER, XANTAR, CELEBRAR

Foi un fin de semán de encontros familiares, celebracións íntimas. Pisamos, pois, bares e restaurantes. Parece paso obrigado misturar emocións e deglucións. O venres comprobamos unha vez máis que Maruja Limón segue a ser o mellor restaurante de Vigo e arredores ata o Padarnelo e máis alá: Mero e Bacallau pasaron a engrosar a lista de peixes bordados por ese artista chamado Centeno. O sábado foi xantar na casa: uns spaghetti al ragù marca da casa pouco arriscados pero eficaces. O sábado á noite, unhas tapas no noso bar de sempre: o Proa da rúa Canceleiro: polbiños á grella, empanada de grelos e chourizo (rara excepción á extendida peste da empanada anodina), revoltos de gambas e algas, e setas e xamón. Regado convenientemente para sinalar o fasto. O domingo, foi tempo de Lanterna, de pizzas supremas. Pero mentres falabamos naquel templo da pasta en Vigo de cousas trascendentes (ou sexa outros xantares), alguén sacou a expresión Tres Portiñas e alí sufrimos todos a experiencia mística da memoria sublime: unha casa de comidas con ese nome en medio do noso barrio de infancia en Ponferrada (Lago de Carucedo, 13) onde ofrecen o mellor polbo do mundo, ao xeito bercián, unha modalidade non moi diferente do clásico á feira presentado en cazola de barro. Comimos dúas veces: unha en Vigo e outra en Ponferrada e as dúas alimentaron por igual corpo e desexo. Agora volvo e coa escritura volto a tomar aqueles tentáculos brilantes, mollados cos tintos en xarras frescas da terra daquel verxidum román. Non hai nada como estarmos todos xuntos e poder alcanzar certos paraísos.

13 commenti:

Anonimo ha detto...

Three Little Doors... Acojonante.
Por outra banda, fala vostede do verxidum romano, pero non esqueza as súas orixes castrexas.

Xaime ha detto...

Amigo Arume non poido pasar sin manifestarlle que me lembrei de vostede hoxe pola noitiña en Lugo.
Saín ca miña dona a facer unha visita de cortesía a unhos amigos que inauguraban un bar, e aproveitamos despois para ir os dous de sempre.
Sabe que estmos as do San Froilán e dende hai poucos anos tratan de poñer en valor as famosas tapas dos bares de Lugo, dándolle un premio a tódolos que fagan algunha innovación dentro da gran variedade de pinchos e tapas que vostede presume se sirven no rural de Galicia.
Pois ben, na Nosa Terra na Ruanova, presentounos Manolo un Capricho de la Casa, que consiste en dúas rebanadas de Codillo de Porco recheo de castañas e grelos casi invisibles, cunha bechamel a base de berzas e queixo de ancares, unha bañada con mel e outra con aceite de oliva virgen, que a verdade impresionounos.
Fixemos a nosa votación cunha máxima puntuación.
Tomamos un Azpilicueta do 2002 que podíase millorar pero de viños xa sabe: poñen o que teñen a man.

Anonimo ha detto...

Nacer en Ponferrada en medrar a sombra do Pajariel aguza a mirada ao longo do val.O castelo dos Templarios, a Semana Santa, os primeiros espectáculos rock nas festas da Encina estructuran o tempo, o meu tempo e de quen tivo a fortuna de respirar aquel ar de "carbonilla", e a ilusión luminosa da adolescencia que se verquía no silabeo rio sil abaixo, cara o Miño, cara o mar, cara Vigo, dende onde as veces e de costas ao mar miro ao camiño da divida, sitúome na Maragatería, entre lembranzas dunha boda na que os convidados bailaban cunhas cintas de cores nas mans que pendian dun pao no centro, logo os noivos rompían os vasos de vidro. Longo val de memoria.

Xaime ha detto...

Hoxe tocoulle, no das tapas, xa sabe, o Campos, tamén na Ruanova, no que Amparo nos obsequiou con unha xuliana de luras e vieira, con caviar de ourizos, que acompañamos con un Marqués de Arienzo, que realmente estaba ben bó, e que xa ollalo era unha delicia.

Xaime ha detto...

Como sei que é un pouco lambón, pode ollalas toda-las tapas na dirección www.lugo.es, ticando na esquinilla superior dereita onde dí tapas.
Seguireille informando, non sin antes advertirlle que tamén degustei o bacallao da Taberna Daniel, bah ... pasable, e unhas horrendas ameixas no Antas de Ulla, que o único bon que tiñan era o viño que era da Rioxa.

Tenme que perdoar co do vínculo pero non sei penduralo, un é absolutamente autodidacta.

Anonimo ha detto...

Amigo Xaime: vostede é cruel, moi cruel. Sabe das miñas querencias (e ademáis luguesas) e insiste, insiste. Vaime ser difícil escapar a tal tentación. A ver se nos vemos por alí: estou negociando coa familia e amistades unha tournée pola rúanova e arredores. O España, como vai?

Xaime ha detto...

España va bien

Anonimo ha detto...

Siga falando das tapas,Xaime.Tomo boa nota,que a miña parienta góstalle moito eso de coñecer por Galiza adiante,onde tapear e tomar bós viños,i eu fago o que sexa por complacela.Por certo,case sempre paga ela.

Xaime ha detto...

Agora é moi cedo, e teño que irme, para xogar a un deporte vergoñento como é o golfe, pero pola tardiña, despois de come-lo polbo en Rábade, xa saben, a feira do 2 e 22, a que están convidados a comer na mesa do alcalde, xa des darei conta das tapas do venres pola noite.

Xaime ha detto...

Como o prometido é debeda, paso a comentar as tapas deste San Froilán.
O venres escomenzamos na Sucursal, cunhas tostas con Uña de Porco exquisitas acompañadas con Marqués de Arienzo crianza que a bon seguro acadará a más outa puntuación.
Derónnos no Figón, do Campo Castelo, unha brocheta de ibérico que entra moi dentro que habitualmente sirven xa que é unha vinoteca, na que suministran como rosquillas queixos e embutidos curados. Pasábel.
Logo fomos ata o España, e realmente sensacional, un pedaziño de cachola de porco, extraordinariamente ben presentada, moi currada, con un veo de cachelo, o que por suposto había que acompañalo co millor crianza para min: Campillo.

Deixamos para o sábado, o meson da Auga, onde tamén a presentación e o sabor foron sobresaíntes, asi como na Taberna do España, onde nos serviron Herencia Remondo, cunha mini brocheta de rape exquisita
No Mesón de Alberto onde picamos algo máis, servirónnos unha tapa das que preparan habitualmente na Taberna, como é grelos con marisco, o viño ca trompa que levaba xa non-o recordo.
Ë como final de traxecto, the winner is " Restaurante España ".

Mantereinos informados

Anonimo ha detto...

Tomando nota

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Vostede, amigo Xaime, a quen lle agradezo non só a descripción, senón as gorentosas fotos que me mandou e que case me levan á desesperación, está a falar da Champions League das tapas. Non creo que haxa (o de Donosti é para snobs) no mundo recorrido para gourmets entendidos e sabios que a rúa da Cruz, a praza do Campo e a rúanova coas correspondientes variantes ata chegar ao España. Eso é o sancta sanctorum da felicidade pancista. Moitas gracias e, como da Coba, tomo nota.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Amigo Jimy, nacermos en Ponferrada dá unha perspectiva completa do mundo. Terra de paso, con olladas para todos os horizontes da rosa dos ventos. Pechado entre montañas, nunca vín persoas co máis cosmopolitismo. Os de Ponferrada, que nacimos alí de casualidade, somos de todas partes. Do que faga falta e do que non tamén.