Caxigalines nella Reguera'l Campizu

18 settembre 2007

A TORRE DE HÉRCULES DESDE VIGO


A Torre de Hércules ten moitas posibilidades de ser declarada Patrimonio da Humanidade. Para mín xa ten esa categoría hai tempo: só faltan os trámites burocráticos para recibir o galardón. Desde Vigo, e sen asomo de nengunha historieta localista, vaia o meu apoio (coma a outros lugares senlleiros da nosa xeografía sentimental coma a Ribeira Sacra) a esa fermosísima construcción que, cando saiamos de A Capela para baixarmos cara Pontedeume, viamos ao lonxe. Longa vida, pois, á Torre de Hércules.

6 commenti:

Anonimo ha detto...

Véxoo hoxe moi romano, sr. arume. Non debe esquecer que a Torre de Hércules non é máis ca un exemplo e símbolo da ocupación e do imperialismo romano (claro, eran un imperio), que foi o que, en última instancia, provocou o descenso do Celta a segunda.

Fada Branca ha detto...

Oxalá pase pronto x que me parece un monumento digno de tal notoriedade

Anonimo ha detto...

A verdade é que estou un pouco farto dunha parte da historiografía, de tan indudable como insólito peso específico dentro de Galicia, que privilexia o coñecemento do mundo castrexo sobre o dos románs. Deben pensar que hai máis Galicia (sic) nos devanceiros das citanias que nos románs das cidades e vilas creadas durante séculos e que deixaron entre outras cousas o propio idioma. Que llo digan, ademáis, aos lugueses e xa verán que din. Somos románs: non foi hai moito tempo e dous mil anos non é nada.

Anonimo ha detto...

Vaia, pensei que era vostede celtista. Qué fácil, agora que xa non está en primeira...

Nuca ha detto...

Acredito a importancia de tan fálico monumento. De todolos xeitos, e corríxanme se me trabuco, pero creo que na configuración que agora vemos do pétreo far(l)o, de román non lle debe quedar moito...

O cabo, Sr. Arumes, xa sabemos do seu gosto polo italián, ero en eso de romano, fale por vostede. A min seméllame que debemos ter máis porcentaxe de xenes mouros (tan só 500 anos)

Pd. Sr. dlH61. O do celta é unha puñalada trapeira. Non está ben ensañarse cando ó ten rendido e humillado...

R.R. ha detto...

A torre de Hércules había que tirala abaixo e facer bloques, que total os faros xa non se usan que todos os barcos levan GPS.

O Sr. Martín (antes Jove)