Comezan mañán as clases: a adrenalina entra pouco a pouco durante esta tarde de domingo. Pola mañán, co tempo fermoso deste verán serodio, escoitei as cancións que me/nos acompañaron durante o estío italián, cancións (horteras, comm'il faut) cheas de enerxía para arrancar a tope. Veleiquí todas:
Sean Kingston, Beautiful Girls.
Che'nelle, I fell in love with the dj.
Negramaro, Parlami d'amore.
Paolo Meneguzzi, Ti amo, ti odio.
Rihanna, feat. Jay-Z, Umbrella.
Biagio Antonacci, Sognami.
Tiziano Ferro, E Raffaella è mia.
Para estes días repasarei mentalmente a música que soaba mentres o salitre cuarteaba a pel. Non atopo outra medicina para levar o outono.
7 commenti:
Ay! Arumes que me vai facer chorar, e eu que creía que xa o tiña superado (o do verán) pois non: Buaaaaaa!!!! E de horteradas nada, hai canciós fermosísimas nesa lista. Ánimo, xa falta menos para o próximo verán...Un bico solidario.
Amiga Lula: acabo de pasar polo seu blog e vostede anda de enerxía máis ca sobrada, con esa Amy WInehouse que ten unha das voces máis fascinantes que levo escoitado nos últimos anos. Eu coñecía aquela de Tears dry on my own, pero esa que vostede pon é impresionante. Mañán xa a baixo para empezar ben o día. Moitas gracias e uns bicos, por que conformarse con un só.
Animo amigo , e a coller ritmo, que xa faltou máis para o próximo verán.
Probando o feed (vou de guai e non chego nin a chachi) dos comentarios.
Ai mamaiña. Eu non outono prefiro volver aos clásicos para dexintoxicarme de todo iso, pero cada quen...
Os clásicos están sempre, pero estas cancións con cheiro a salitre e mar de augas mornas son insustituibles.
Tres das cancións están moi ben.
E, por favor, non nos poña a estas horas a Rihanna, que sube a bilirrubina.
Saúdos.
Posta un commento