Caxigalines nella Reguera'l Campizu

10 ottobre 2007

FALL

Os calcetíns son a clave. Aínda, pois, camiño cos tenis (teni, en singular) sen calcetíns. Puxen camisas de manga larga; levo cazadora para as primeiras horas da mañán, pero logo anda ciscada por aí. Este verán de san Miguel é o que ten: morno, doce, perfecto para pasear ao serán, con este ceo azul de Vigo, inalcanzable: unha das cousas que máis me gustan desta cidade.

4 commenti:

apicultor ha detto...

Pois eu só en días moi calurosos ando sen calcetíns. É que, do contrario, pillo un resfriado de moito coidado. Non hai un refrán que di frío de pés...?

Xoan da Coba ha detto...

Einstein andaba sempre sen calcetís

bouzafria ha detto...

Non sei se son cousas do cariño, pero tamén concordo que o ceo azul de Vigo é especial e moi lindo. E ultimamente é moito mellor mirar para o ceo de Vigo que para o chan: as beirarrúas ateigadas de excrementos caninos, xente berrando (como en Italia), coches no medio da cidade a 100Km/h. Os meus sentimentos a Vigo son os de Catulo: Odio e amo.

arume dos piñeiros ha detto...

A mín gústame case todo de Vigo, mesmo ese fragor e violencia nas rúas. Pero o do ceo, por exemplo, cando cae a tarde e un vai paseando, non pola beira do mar, porque aí o ceo pode poñerse excesivamente fermoso e ata un pouco pasteleiro (postaleiro tamén), senón por García Barbón e mira a silueta dos tellados dos edificios recortados sobre ese azul de diferentes tonos, escuro pola banda de oriente e aínda resplandecente por occidente, entón atopa unha luz única e irrepetible. Mira un despois para a xente que camiña e invade as beirarrúas con esa aínda pequena luz que fermosea os rostros e non sei por que pero eu sinto unha estraña felicidade que me fai recoñecer que me gusta moito vivir nesta cidade. E non nacín nela.