Caxigalines nella Reguera'l Campizu

6 ottobre 2007

NICCOLÒ AMMANITI, UN NARRADOR PRODIXIOSO


Seguín o extraordinario consello de Lula Fortune e lin o libro de Niccolò Ammaniti, Come Dio comanda. Xa lera Ti prendo e ti porto via, felizmente aconsellado por quen anda co italiano a voltas e gusta da súa literatura. Aquel libro enganchárame desde o comezo e crin que non fora posible repetir a fazaña. Pero trabuqueime: quedei completamente colgado deste último libro de Ammaniti, un coñecido representante da xoven (xa non tanto) xeneración italiana Gioventù Cannibale que conta cun entusiasta e multitudinario feixe de seguidores amoreados nun foro fascinante. Foi Premio Strega, o premio que entrega a crítica ao mellor libro escrito en italiano no ano 2006, e constitúe un dos bestsellers máis coñecidos en Italia nos últimos anos.

O estilo particular de Ammaniti, cheo de recursos coloquiais e cun compoñente satírico moi poderoso, recorda tácticas cinematográficas, sobre todo as empregadas polo cinema negro ou, máis claramente, pola estilización do cine B do célebre Tarantino. As persoaxes que circulan pola novela, que viven na terra de nadie que queda entre o campo e a cidade, nun paisaxe industrial máis propio dos suburbios americanos que de Italia, representan aos fracasados, aos vencidos, moi próximos ao lumpen ou ao escalafón máis sórdido da nosa sociedade. Pertos da tolemia, algúns, corroídos por unha historia de enfermidades e desencontros, outros, desprovistos de calquera vencello co sentimento ou a compaixón, case todos, estes seres móvense no fío levísimo da morte e da vida, onde o azar (un elemento esencial na obra de Ammaniti, por veces, excesivo) xoga o papel esencial. Non faltan neste obra a presencia do relixioso visto desde unha perspectiva case gore, o sexo descrito coas doses correspondientes de sordidez e burla (as descripcións, coma na anterior novela, son maxistrais), e unha denuncia implícita dun mundo condeado á marxinación e a autodestrucción. Na anterior novela, un pequeno (ínfimo) sinal de esperanza albiscábase entre liñas. Nesta novela, novelón con letras maiúsculas, a esperanza non aparece por ningures. Ammaniti ten o don da narración; conta cunha facilidade pasmosa, cun ritmo endiañado, cunha prolixidade enfermiza nunca molesta, sempre seductora. Cando colles carreriña aos dous párrafos de comezar, non podes parar ata o final. Risa, bágoas, estupor, emocións continuas para unha poderosa literatura.

Nota molto bene: desde aquí, Galaxias Xerais de Rinocerontes: non malgastedes os cartos en obras quizáis menores: metédelle o dente a este prodixio. Non vos arrepentiredes.

Capítulo I (Primeiros párrafos) e perdón pola (apresurada) traducción.

“Esperta, esperta, joder”.
Cristiano Zena abriu a boca e apertou o colchón coma se baixo os pes lle correra o vértigo.
Unha man colleuno polo pescozo. “Esperta”. “Sabes que debes durmir cun ollo solo. No sono danche polo cú.”
“Non é culpa miña. A vixilia”, rosmou o cativo. E liberouse da mordida. Levantou a cabeza da almofada.
Pero é noite, pensou.
Fóra da fiestra era todo negro, menos o cono amarelo da lámpada na que caían copos de neves grandes coma bolas de algodón.
“Neva”, dixo ao seu pai, en pe no medio do cuarto.
Unha liña de luz viña do pasillo e debuxaba a caluga rasurada de Rino Zena, o nariz picudo, as fazulas e o beco, o pescozo e as costas musculosas. No sitio dos ollos tiña dous buratos negros. Estaba a peito núo. Por baixo, os pantalóns militares e as botas emporcadas con pintura.
Como fai para non ter frío? preguntouse Cristiano estirando os dedos cara á lámpada ao lado da cama.
“Non a encendas. Molesta”.
Cristiano acubillou no novelo quente de cobertores e sabas. O corazón batía aínda forte. “Por que me espertas?”
Logo advertiu que o seu pai tiña na man a pistola. Cando estaba bébedo moitas veces quitábaa e andaba por casa apuntando ao televisor, aos mobeis, ás luces.
«Como fas para durmir?» Rino dirixiuse ao fillo.
Tiña a voz pastosa como se tragara un puñado de ieso.
Cristiano estirou as costas. “Durmo”.
«Bravo.» O seu pai quitou do peto dos pantalóns unha lata de cervexa; abriuna e acabouna dun grolo e limpiou a barba co brazo; despois tronzouna e tirouna a terra. “Non escoitas, bastardo?”
Non escoitaba nada. Nin siquera os coches que de día e de noite pasaban a toda hostia por diante da casa e que se fechabas os ollos tiñas a impresión de que penetraban no cuarto.
É a neve. A neve cubre os ruidos.
O seu pai acercouse á fiestra e apoiou a cabeza no vidro húmido da condensación. Agora a luz do pasillo lle pintaba os deltoides e a cobra tatuada sobre a espalda. “Durmes demasiado. Na guerra a ti bebente o primeiro”.
Cristiano concentrouse e escoitou ao lonxe o ladrar seco do can de Castardin.
Estaba tan afeito que as súas orellas non o percibían. O mesmo para o zumbido do neón no pasillo ou para a cisterna rota do váter.
“O can?”
“Menos mal... comezaba a preocuparme”. O seu pai dirixiuse de novo a el. “Non parou nin un minuto. Nin siquera baixo a neve”.
Cristiano lembrou que estaba soñando cando o seu pais o espertara.
Alí na sala de estar, a carón da televisión, nun gran acuario fosforescente había unha medusa verde e xelatinosa que falaba unha lingua estrañisima, toda c, z, r. E a cousa máis boa era que el entendíaa perfectamente.
Pero que hora é? dixo bostezando.
O cadrante luminoso do radiodespertador apoiado no chan marcaba as tres e vintetrés.
O seu pai encendeu un cigarillo e botou fume: “Tócame os collóns”..
“È medio parvo, ese can. Con todas as zoupadas que lle meten»
Agora que o corazón xa lle parara de marcar no peito, Cristiano sentiu o sono oprimirlle as pálpebras. Tiña a boca seca e o sabor do allo de polo da churrasqueiría. Quizáis, bebendo, aquel mal sabor marcharía, pero facía demasiado demasiado frío para baixar á cociña.
Gustaríalle retomar o soño da medusa onde o deixara. Restregouse os ollos.
Por que non vas á cama? A pregunta saíalle, pero a detivo. Tal e como se movía o seu pai polo cuarto non semellaba que tivera intención de voltar para cama.
Tres estrelas.
Cristiano tiña unha escala de cinco estrelas para establecer a actitude do seu pai.
Bueno, tal vez, entre tres ou catro estrelas. Xa en zona “ten cuidado”, onde a única estratexia era aquela de darlle a razón e estar o máis posible lonxano dos collóns.
O seu pai deu volta e meteulle unha patada violenta a unha cadeira de plástico branco que deu voltas polo cuarto e acabou contra unha morea de caixiñas nas que Cristiano gardaba a súa roupa. Trabucouse. Aquelas era cinco estrelas. Alerta bermella. Aquí a única estratexia era camuflarse e confundirse co ambiente.

4 commenti:

torredebabel ha detto...

pois fuches convincente. Vou mergullar por ver se atopo algo aqui, traducido ao castelán e en Bos Aires. A ver...

arume dos piñeiros ha detto...

Creo que só ten traducido o primeiro libro, Io non ho paura. Mire ver se o de Ti prendo e ti porto via ten traducción. Deste que falo, non creo que haxa porque é do ano pasado.

Anonimo ha detto...

Está vostede a ser o mellor embaixador cultural na Galicia da cultura italiana.
Marcos de Auria.

arume dos piñeiros ha detto...

Informado por Leituga 1, un tertuliano das uvas, o libro xa está traducido ao español.