Caxigalines nella Reguera'l Campizu

22 ottobre 2007

DÚAS DESFEITAS VIGUESAS E UN AMOR CONFESADO


Un paseo pola mañán do domingo por Vigo levoume a varias reflexións.

1. O paso pola pedra, polos postos de ostras e polas terrazas ateigadas de xente foránea (e non tanto) sempre atrai. Pero onte pensei nos cartos gastados naquela instalación férrea, con cristais rexos e falsos velóns. Non sei a cifra, pero foi hai pouco, non moito máis dun ano. Hoxe pretenden reformalo porque non está ben rematado e porque, no fondo, aos propietarios das casas de por alí e dos propios restaurantes non lle chistou moito no seu momento ou despois que tanto ten. O caso é que, de novo, cos cartos de todo o veciñato vigués queren reforma. Conclusión: como non son seus os euros gastados e por gastar, o Concello (en xeral, sen adxectivos partidarios), ledicia infinita: aí vai outra partida. Total: a identidade dunha cidade como Vigo pasa pola pedra. Pola Pedra, quixen dicir. Outro día falarei do feito insólito que supón ter o Concello en réxime de concesión varias tendas que, de cando en vez, son requisadas por vender productos non moi legais, por empregar un termo ben suave.

2. As pedras do paseo do Náutico están feitas un desastre. O material non debe de ser moi alá, pero o tránsito de vehículos por aquela zona é indecente. Aínda recordo, durante un tempo de polémica, o xusto para vender máis xornais, que a decisión do Náutico de exercer os seus dereitos e privilexios de párking levantou indignación entre a cidadanía. Coa demagoxia habitual neses casos, a opinión pública pedía pouco menos que o asalto ao Náutico e o restablecemento dun paseo libre de automóvis. Durante un tempo, por prudencia, houbo un retraimento dos propietarios dos coches que pretendían acceder aos pantaláns. Pero agora, transcurrido ese tempo de axitación, a ocupación daquel espacio é sinxelamente insoportable. Pero o grave é que agora mesmo o chan daquel fermoso paseo está totalmente destrozado. Algún dirán que se o botellón, que se a volta a España, que se ocurrencias varias: o certo é que día tras día afunden máis o chan. Hoxe hai crónica en EL PAÍS das convulsións internas no clube máis famoso do mundo vigués, despois do Celta: sería interesante que a súa aposta por vencellarse á cidade fora máis alá dun anuncio e decidiran dunha vez por todas adecentar, arranxar e deixar ceibe o lugar para paseo de todos os vigueses. Con baranda, ou non, como quería Ferrín.

3. Sempre nos quedará Prada a Tope. Qué botillo, botelo, butieyu! E non digo máis.

1 commento:

Nuca ha detto...

MENUDA PAIXÓN POLO EMBUTIDO!!! Nin que fose vostede de terras bercianas. Polo que conta no seu post eiquí o que máis abunda é o chourizo