Caxigalines nella Reguera'l Campizu

29 ottobre 2007

THE VALETOR: THE QUEEN MOTHER


O Valedor do Cidadán de Vigo foi reelixido por outros cinco anos máis, coa insólita unanimidade de todos os grupos. Por qué? Porque o que fai non vale para nada. Así de claro. El mesmo, na súa nova toma de posesión, reitera a incapacidade de resolución do concello: ou sexa que non lle fan nin fucking caso. Eso si: cando presenta o seu balance os alcaldes e alcaldesa están alí para a foto. Espada é teimudo na súa denuncia do ruido e do tráfico, afea sempre á administración, pero non obtén resultado algún. Por qué carallo sigue? Gústalle, sen dúbida, o cargo e como é gratuito para o concello (?) ninguén di nada: pásanlle a man polo lombo e todos moi contentos. Uns porque teñen ao tío amonestador que lles bota a bronca cara a galería un día (a cuota autoxustificatoria) ao ano pero déixaos en paz durante o resto do tempo, e el porque ese día síntese como a queen mother: non vale para nada pero dá pompa e circunstancia a un concello, fachendoso de ter un cargo tan fascinante como exquisitamente baleiro.

6 commenti:

apicultor ha detto...

É que a espada necesita ter o gume afiado. E xa non quedan afiadores ambulantes como os de antes (a ser posible das terras de Nogueira de Ramuín).

occam ha detto...

Eu penso que o elexiron precisamente polo seu apelido. Ten connotacións xusticieras.

Por outra banda, despois de ser o primeiro Rector da Universidade de Vigo e presidente do tribunal de garantías desa institución, creo que xa debe ter horchatada o sangue e xa non lle afectan esa falta de atención dos alcaldes

arume dos piñeiros ha detto...

Horchatado o sangue, non sei, pero para mín que lle vai ese papel de fago que fago e non fago. Como nos outros dos que vostede fala, amigo Occam.

Silvana ha detto...

Nómbrame algún cargo político que sea verdaderamente eficiente para o cidadán e non para o seu. Eu aínda non o coñezo. Mira o que está a pasar co Constitucional..., se chegamos ata aí, apaga e vámonos. Esto é unha seudodemocracia.

Un saúdo.

r.r. ha detto...

Demoledor.

Xoan da Coba ha detto...

Ou sexa,que ese cargo tén máis ou menos a influenza das "cartas ó director" dos xornáis.