Caxigalines nella Reguera'l Campizu

11 ottobre 2007

VIGO BERNO


A cousa municipal arde. Claro que, tras tres anos e pico nos bancos da oposición sen tocar poder, as brasas entre PSOE e BNG nunca quedaron extinguidas. E coa mínima respiración desacompasada volven encenderse con total naturalidade. Eu pensei que fora aquel malvado Mariño o causante de semellante desacordo, coa inestimable axuda doutro Pérez malfadado. Eu pensei que aquela cousa de urbanismo non podía ser a razón das liortas. Eu pensei definitivamente mal. E agora volve a mesma situación. Que se o 40%, que se 28 ou 14 os concellos, que se os orzamentos estatais, que non me avisas, que son o xefe, que non era eso no que quedaramos, que non te enteras, que falas con eses, que non tes que decirme que vou facer, que están a xogar coa cidade, que non se poden facer así as cousas. Todo eso, con cámaras, micrófonos, megáfonos e o que faga falta. E coma sempre, por sermos ecuánimes (que non o somos), os dous teñen razón. Pero agora, cunha diferencia abismal: a pelexa vai durar os catro anos. Dame que Caballero e Domínguez aguantan na mesma cama. Contacto amoroso ou sexual non terán, pero da cama non baixan. Fóra do cuarto vai moito frío.

Nota: Que nos quería dicir co seu inestimable estilo don Primitivo hoxe sobre a relación estreita entre Karpin e Domínguez de cando este era Director Xeral de Deportes?

3 commenti:

bouzafria ha detto...

Sería interesante unha visita guiada da cidade a traverso dos seus monumentos ou estatuas, nomeadamente as de Camilo Nogueira. Cando levo os nenos ao parque do Castro sempre quero supoñer que o artista da fonte, ou das xirafas ou o oso foi o pai do político.
Outra cousiña: "inestimable estilo"? Trátase dunha gralla ou foi conscientemente escrito: estilo que non é merecente de estima?
Por último, o plan do barrio do Cura tráeme un lene arrecendo ao Plan Palacios de hai 75 anos.

occam ha detto...

Sr. Arumes:

É vostede un pirómano. Mira que non hai temas para falar. Pois non, ten que sacar ese precisamente. A culpa non é dos dous a partes iguais, e vostede o sabe.

arume dos piñeiros ha detto...

Nen gralla, nen comentario negativo. Eso sí irónico sobre a base da definición que dá o DRAE. Inestimable: Tan valioso que no puede ser estimado como corresponde.
E como lle traia recordos do plan palacios, vamos aviados. Menos mal que non o levaron a termo.