Caxigalines nella Reguera'l Campizu

13 gennaio 2008

MARCELLO E SOPHIA. SECONDA PUNTATA.


Parece increíble pero hoxe, co día que facía especialmente indicado para ficar na casa, nin siquera pensaba saír. Pero o xornal é sagrado e o pan, aínda que uniformado á típica barra convencional, non pode faltar cando se trata de facer unha paella na casa. E saín. E cando ía marchar do kiosko, co meu xornal baixo o brazo, a sempre atentísima Maricarmen di: "Non queres levar a entrega que chegou do Cine de comedia italiano?". Eu entrei de novo baixo o feitizo e cheguei case ao final da tenda, onde reinaba o cartón coas dúas pelis por 11,95 euros. Pero que pelicula ofrecían hoxe? Nada máis nin nada menos ca Ieri, oggi e domani, cuxo fotograma puxen onte. A tarde foi enteira para eses dous fenómenos da interpretación: Marcello e Sophia en estado de gracia absoluta. Pracer único pasar esta choiva, este vento cruel desde unha terraza cálida de Piazza Navona.


Na fotografía ámbolos dous con il più grande: Federico Fellini.

Nessun commento: