Caxigalines nella Reguera'l Campizu

21 febbraio 2008

BARES DE VIGO: LOUNGE BAR

Hoxe cheguei ao Lounge-Bar de García Barbón, un cool superfashion tugurio, para tomarme unha caña (bueno, dúas, ao mesmo precio ca noutros lares, hai que recoñecelo). O camareiro, megamable ata case a escravitude, afirmou ao meu amigo, que viña por primeira vez, e a mín, que visitaba o local por terceira, que estabamos no bar de ambiente máis chic de toda a cidade. Mentres falaba, as luces do local cambiaban de cores e a faciana do camareiro combustía de compracencia. A música de design, os sofás de esquai branco (que permiten as parellas que veñen falar acabar facendo outras cousas horizontais) e as mesas dun metacrilato merilado (eu que sei) adornaban a paisaxe. Xente guapisma, perfumada ata o delirio. Roupas brilantes e sofisticadas, cun punto minimalista na combinación de cores e, nalgún caso, no tamaño das telas. A sensación, vamos.

Haberá que voltar, pero desta vez non levarei as miñas bombillas halóxenas dicroicas de baioneta compradas en ferretería López. Hoxe, a bolsa de plástico branca que as contiña arruinaba de certo a elegancia imprescindible para acudir a tales antros de charmante bendición.

12 commenti:

Nuca ha detto...

Conte, Arumes, conte. E vostede e o seu amigo pegaban ben, casaban estéticamente falando nesa atmósfera?

Xa os imaxino mantendo una charla tan animada como elevada sobre as posibiliaddes electorais dalgún candidato local mentras a veciña da barra amosa o modelo dernière vague de gafa-pasta a súa amiga e discute con ela si se axusta a sua persoalidade

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Falamos dun xamón ibérico de Fregenal de la Sierra que mercara á mañán e que estaba que nin diola. Creo que nos riamos moi alto, demasiado para aquel ambiente soft e flou, e o shaving non era todo o apurado que se agarda nunha chaise longue desas ou como se chame. Pensei que era o noso sex-appeal (coas lóxicas diferencias entre un galán coma mín e un home maduro escasamente interesantón coma el) o que concitaba os rumores das cinco amigas que estaban detrás nosa, pero creo que era o volume das nosas gargalladas e sobre todo a exhibición de piños amoreados pola idade e polo trinque continuado desde hai máis de corenta anos.

Anonimo ha detto...

E non estaba por alí Cristina?

ENTREVISTA CON CRISTINA ORTIZ, LA CREADORA ESPAÑOLA QUE HA DEBUTADO CON FERRAGAMO EN MILÁN
"Quiero conseguir en Ferragamo un estilo sport chic que nunca antes se había desarrollado"

Anonimo ha detto...

Of course. Destilando glamour e sagesse. Pareceume vela amorrarse famenta a unhas lentellas con chourizo co característico rictus de via tornabuoni, sede fiorentina do emporio ferragamo.

Nuca ha detto...

Xa imaxinaba que, da parella, era vostede o que mantiña a bandeira ben erguida(estéticamente falando). Con todo, non parece moi cool loubar a berros a pata curada do porco nese esceario. Mágoa non haber estdo alí para ver o espectáculo.

Anonimo ha detto...

Pois tiña que ver unha foto de Cristina (onte na web de El Mundo) para, en efecto, comprobar todo o cool, in e chic, que é esta muller de corenta, a pesar de -ou grazas a- estar vestida con camisa branca e vaqueiros.

Anonimo ha detto...

Velaí a Cristina e decátese do cool, in e chic que é.

Anonimo ha detto...

Vostede comprenderá que unha camisa branca e uns vaqueiros é o summum da elegancia. Non fai falta nada máis, aínda que unhas boas cremas faciais e un ton lixeirísimo de bronceado adquirido nun belvedere sobre o Lago di Garda redondean o encanto.

Nuca ha detto...

Non se para en barras eh Arumes!!! só una camisa e uns vaqueiros. E vostede un flecha veloz que non perde o tempo en preámbulos.

Digo todo esto falando de estética, claro está

Anonimo ha detto...

Sen dúbida que son o summum da elegancia, sobre todo cando camisa branca e pantalón vaqueiro son de "marca exclusiva" e rondan os mil euros entre os dous, como semellan os que viste a amiga Cris. E iso sen contemplar accesorios e roupa interior ad hoc.

A vida é así de cara, amigos. Pero o estilo sport chic ben que o merece.

Suso Lista ha detto...

Haberá que meterse a chic logo. Eu sempre me tuven por moi cool e modelnno, pero o de rir baixiño, como que non. Saludos moitos.

R.R. ha detto...

¡Joder!, ¿e a min non me levará?