A Rafa que sempre será Garfunkel. E a Cesarín que aguantou Ponte de augas turbulentas tantas veces que eu creo que foi eso o que o levou a estudar o que estudou.
A miña filla estivo hai un rato bailando shakiradas e rihannadas varias para preparar as súas clases de baile chamémoslle moderno. Pero acougou e está aquí ao meu carón sentada co messenger a toda vela. Pero sigue coa música de fondo. E non podo concentrarme todo o que desexo porque deulle por Scarborough Fair nas voces dos Simon & Garfunkel, as voces da miña adolescencia, completamente adaptadas a todas as miñas vísceras. Non sinto siquera a música, como cando atopas a temperatura exacta da auga quente correndo pola túa pel. Agora soa The boxer. Non sei cal virá despois. Ela non sabe as cancións, pero tararea suavemente o lailalalai in crescendo das nosas vidas.
5 commenti:
¿Non eran Garmón e Sifunkel? ;-D
Eran Paul e Art
A que ven agora é Mrs.Robinson.
"Xesús ten un sitio pra os que pregan".
esas chaquetiñas cupiniñas e eses peliños estilo ratiña en N.Y..mmmhhhhh
Se eu non tivera amado tampouco tería chorado. Teño os meus libros e a miña poesía para me protexer.Eu non toco a ninguén e ninguén me toca a min.
Posta un commento