Caxigalines nella Reguera'l Campizu

13 febbraio 2008

VIGUEIRÍAS


A rúa Colón (coa prolongación de Concepción Arenal) é unha das miñas favoritas. Ver o mar desde a curva que enfía Urzáiz é unha das perspectivas que máis me gustan da cidade. O problema é que últimamente a visito de máis. O dentista, o avogado e o inspector de educación están aí: viven en diferentes puntos dunha recta imaxinaria que trata de enderezar a miña torta cabeciña. Todo fica na beirarrúa dereita mirando para o mar. Menos mal, penso, que para a outra beirarrúa hai puntuais redencións: o cruasán con chocolatina para a miña filla na confitería do Molino e o restaurante onde escurezo e misturo un pouco a vista cando todo semella hostil.

9 commenti:

Anonimo ha detto...

Veña,Arume: "Vigueirías" é a alternativa a EHP na solaina.

Anonimo ha detto...

O inspector de educación? Espero que non lle sexa nada especialmente grave (a quen corresponda).

Anonimo ha detto...

¿A qué restaurante se refire, Arume? Agás que outorgue tal denominación ao "Luces de Bohemia", non dou enxergado restaurante ningún en Colón.

Anonimo ha detto...

Agradézolles, Da Coba e Apicultor a súa loubanza e a súa preocupación. Teño, en efecto, un pequeno asunto que, sobre todo, decepciona e entristece. Non creo que dentro de cinco anos teña a máis mínima importancia, pero hoxe está tocándome directamente os narices.
Leituga1: Non, máis abaixo, xa en Concepción Arenal. Como o cito tantas veces, xa me daba apuro poñer o nome.

Anonimo ha detto...

Se se pode botar unha man, xa sabe onde me ten.

Anonimo ha detto...

Acabo de remitir unha mensaxe. Confírmema.

bouzafria ha detto...

A miña rúa favorita é a máis clásica: o Paseo de Alfonso. Outra cousa sobre Vigo: estou farto dos conductores vigueses e da velocidade dos seus coches. Cada vez teño máis medo de conducir por Vigo.
Súmome aos anteriores ánimos: desexo que non lle sexa nada aquilo que lle decepciona e entristece.

Xaime ha detto...

Oiu, non se corte a hora de pedir axuda, xa sabe que os amigos están pras ocasións.

Anonimo ha detto...

O mesmo lle digo eu, Arume. Xa sabe onde me ten.